Resolución do 26 de abril de 2005 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de catro prazas de técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
Rango de LeyResolución

De acordo co disposto nos estatutos da Universidade de Vigo e co obxecto de atender as necesidades de persoal de administración e servizos desta universidade, esta reitoría, en uso das competencias que lle están atribuídas no artigo 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, resolve convocar probas selectivas para cubrir catro prazas de técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións, vacantes no seu cadro de persoal consonte as seguintes bases da convocatoria:

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir mediante contrato en réxime laboral de natureza indefinida, catro prazas de técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións, do grupo I, ás cales se poderán acumular aquelas que se poidan xerar ata o momento en que o tribunal eleve a proposta definitiva de aspirantes que superasen o proceso selectivo.

    1.2. Resérvanse dúas prazas para a quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás ofertadas polo sistema de acceso xeral libre. Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso: promoción interna ou acceso xeral libre.

    1.3. O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que se especifican no anexo I.

    1.4. O programa que rexerá as probas da fase de oposición é o que se relaciona no anexo II.

    1.5. Estas probas selectivas axustaranse á Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; á Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 4/1991, e pola Lei 3/1995; ao Real decreto 364/1995, do 10 de marzo; ao Decreto 95/1991, do 20 de marzo; aos estatutos da Universidade de Vigo e ao disposto nesta convocatoria.

  2. Requisitos dos aspirantes.

    2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes, con independencia da quenda de acceso, deberán posuír todos os requisitos exixidos nesta base na data de remate do prazo de

    presentación de solicitudes e mantelos ata a sinatura do correspondente contrato.

    2.2. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso:

    1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, nacional do Reino de Noruega ou da República de Islandia. Tamén poderán participar o cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou Islandia sempre que non estean separados de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas.

    2. Ter cumpridos dezaoito anos de idade e non ter alcanzado a idade de xubilación.

    3. Estar en posesión do título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente; no caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

    4. Ter aboado as taxas por dereitos de exame.

    5. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

    6. Non ter sido separado ou estar suspendido do servizo de calquera administración pública nin inhabilitado para o desempeño da función pública por sentenza firme. Os aspirantes que non teñan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

    2.3. Os aspirantes que concorran ás probas pola quenda de promoción interna deberán pertencer ao cadro de persoal laboral fixo da Universidade de Vigo e a unha categoría profesional distinta á das prazas obxecto desta convocatoria.

  3. Solicitudes.

    3.1. As solicitudes para tomar parte nestas probas selectivas axustaranse ao modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e dirixiranse ao reitor da Universidade de Vigo no prazo de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE. Para os efectos divulgativos esta convocatoria remítese tamén ao Diario Oficial de Galicia.

    3.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo (reitoría, campus das Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo) ou segundo as restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    Os aspirantes non poderán presentar máis dunha solicitude nin solicitar a súa participación nas probas

    selectivas, simultaneamente, en máis dun sistema de acceso. A contravención dalgunha desta normas determinará a exclusión dos aspirantes.

    3.3. Os dereitos de exame serán de 36 euros e ingresaranse na conta corrente nº 2091-0501-64-3110000201, Caixa Galicia, O.P.-Vigo. Universidade de Vigo. Taxas. Forma de pagamento: directamente nas oficinas da citada entidade, utilizando para isto exclusivamente o impreso de solicitude (anexo IV), ou mediante transferencia bancaria na cal deberá constar obrigatoriamente o nome, apelidos e DNI do interesado, o código L105TSTIC e a categoría técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións. En ningún caso a simple presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude perante o órgano expresado na base 3.2.

    Os dereitos de exame serán reintegrados de oficio aos aspirantes que sexan excluídos definitivamente da realización das probas selectivas, ou cando as probas non se realicen, sempre que cubrisen os datos bancarios necesarios para facer a devolución.

    3.4. Coa instancia achegarase necesariamente, sendo motivo de exclusión a falta dalgún deles:

    1. Fotocopia do documento nacional de identidade; os aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren ás expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    2. Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. Estarán exentos do pagamento os aspirantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33% e os membros de familias numerosas clasificados na categoría especial; os membros de familias numerosas clasificados na categoría xeral terán unha bonificación do 50%. Nos tres supostos será necesario que coa solicitude presenten as respectivas certificacións que o acrediten.

      3.5. Co límite no remate do prazo de subsanación e emenda, os méritos alegados acreditaranse do seguinte xeito:

    3. Os servizos prestados nas universidades públicas de Galicia acreditaranse mediante certificación da xerencia ou unidade de persoal correspondente, referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes; o servizo de xestión de persoal da Universidade de Vigo expedirá, de oficio, certificacións acreditativas para os efectos da valoración de méritos da fase de concurso.

    4. A formación acreditarase mediante a presentación dos títulos e diplomas correspondentes, ou certificación do órgano competente de estar en condicións de obtelos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    5. De conformidade co establecido na base 6.5 da convocatoria, os aspirantes quedarán exentos da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán, se coa solicitude achegan copia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude de español para estranxeiros expedido polas escolas oficiais de idiomas. Noutro caso seralles de aplicación o previsto na devandita base.

      3.6. Os aspirantes deberán indicar a quenda pola cal solicitan acceder no recadro nº 2. Os que teñan algunha minusvalidez poderán solicitar no recadro nº 6 as adaptacións de tempos e medios que consideren necesarias para a realización das probas. Os que prestaran servizos na Universidade de Vigo deberán facelo constar no recadro nº 16, para que se lles emita de oficio a certificación prevista na base 3.5.a).

      3.7. Os erros de feito, que puidesen advertirse, poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por pedimento do interesado. Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fixesen constar nas súas solicitudes, podendo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR