RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2012, da Xerencia da Universidade da Coruña, pola que se convocan probas selectivas, pola quenda de promoción interna e pola quenda libre, para a provisión de prazas de técnico en prevención de riscos laborais vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

Debido á necesaria provisión de dúas prazas vacantes de técnico en prevención de riscos laborais da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos, ao abeiro do disposto na disposición transitoria cuarta do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, tras a publicación da RPT de 2005, e na Resolución do 3 de marzo de 2006 pola que se publica a oferta pública de emprego do persoal de administración e servizos desta universidade para o ano 2006 (DOG do 19 de marzo), esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Primeiro. Convocar probas selectivas para cubrir dúas prazas de técnico en prevención de riscos laborais (grupo II), das cales unha se convoca polo sistema de promoción interna e outra polo sistema de quenda libre, do xeito que a seguir se indica:

Área Número de prazas Quenda
Seguranza no traballo 1 Por quenda libre
Hixiene industrial 1 Por promoción interna

Segundo o artigo 18 do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, as vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á provisión de quenda libre, e as persoas seleccionadas pola quenda de promoción interna, para os cales se habilitarán probas específicas, terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.

Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso e nas probas dunha área, que deberán seleccionar na solicitude.

Ao abeiro do disposto no artigo 22 do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, ao remataren as probas selectivas constituiranse dúas listaxes de espera, unha por cada

área, para cubrir con carácter temporal os postos de traballo que poidan xurdir ata o próximo proceso selectivo. Para estes efectos as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, indicando todos os datos que se requiren no impreso que figura como anexo III e especificando as súas opcións de preferencia en canto á localidade e/ou ao tipo de contrato.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

  1. Solicitudes.

    1.1. As persoas que desexaren tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo no impreso segundo o modelo que figura como anexo III desta convocatoria e deberán presentarse acompañadas de:

    1. Fotocopia do documento nacional de identidade; os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren ás expensas ou estaren a cargo do/a nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado/a de dereito do/a seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    2. Os/as aspirantes estranxeiros/as que estean exentos/as da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán establecida na base 8 desta convocatoria xuntarán, para tal efecto, a fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros/as expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegaren esta certificación, non poderán ser declarados/as exentos/as, polo que deberán realizar a proba a que se refiren estas bases.

    3. Certificación acreditativa dos servizos prestados noutras administracións públicas españolas referido á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Esta certificación será expedida polas respectivas xerencias. Se os servizos foron ou son prestados na UDC, deberá indicarse na parte correspondente da solicitude e, deste xeito, a certificación expedirase de oficio e engadirase á solicitude do/a aspirante.

    4. Fotocopia da titulación académica requirida.

    5. As persoas aspirantes pola quenda libre deberán xustificar o pagamento co documento bancario acreditativo de que se pagaron os dereitos de exame, que ascenden a 35,08 euros, que se ingresarán no Banco Santander Central Hispano na conta: 0049 5030 15 2516011262.

    Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda.

    Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación desta convocatoria. Para o goce da exención será requisito que non rexeitasen, no prazo de que se trate, oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional. O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acreditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita da persoa solicitante. Ambos os dous documentos deberán xuntarse á solicitude.

    En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

    Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non presenten o documento referido no punto 1.1.a), ou non aboen os dereitos de exame e non presenten o xustificante de bonificación ou exención dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes. Non se concederá ningún prazo adicional para o aboamento dos dereitos de exame.

    Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas.

    As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para os efectos de cómputo de prazos considerarase inhábil o mes de agosto.

    A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, campus de Elviña, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

    As solicitudes que se subscribiren no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    1.2. As persoas aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberanos acreditar mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou das copias compulsadas. Os servizos prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante unha certificación expedida pola Xerencia da Universidade, referida á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    1.3. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súas solicitudes e poden unicamente demandar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e apreciada polo tribunal.

    1.4. As persoas aspirantes que padezan algunha discapacidade poderano indicar na solicitude e pedir, de ser o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

  2. Requisitos das persoas candidatas.

    2.1. Para seren admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir e manter os seguintes requisitos:

    1. Ser español/a ou nacional dun estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados a que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o/a cónxuxe, descendentes e descendentes do/a cónxuxe, dos/as españois/españolas e dos/as nacionais doutros estados membros da Unión Europea, se non estiveren separados/as de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

    2. Ter feito dezaseis anos de idade e non exceder os sesenta e cinco.

    3. Estar en posesión do título de diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes y, ademais, estar en posesión do título de técnico superior de prevención de riscos laborais na especialidade de Seguranza do Traballo ou na especialidade de Hixiene Industrial, respectivamente para cada área.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

    5. Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR