Resolución do 24 de novembro de 2009 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de xestor/a de actividades culturais.

Extracto


Resolución do 24 de novembro de 2009 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de xestor/a de actividades culturais.

De acordo co disposto na Resolución do 22 de xullo de 2009 (DOG do 5 de agosto) pola que se aprobou a oferta pública de emprego para o ano 2009, coa finalidade de atender as necesidades de persoal de administración e servizos desta universidade, logo de negociación cos comités de empresa do persoal laboral de administración e servizos de Ourense e Pontevedra, consonte o previsto no II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo (DOG do 27 de xullo de 2007).

Esta reitoría, en uso das competencias que lle están atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 421/2003, do 13 de novembro (DOG do 5 de decembro) do Goberno da Xunta de Galicia, resolve convocar probas selectivas polo sistema de concurso-oposición para cubrir unha praza vacante no seu cadro de persoal consonte as seguintes bases da convocatoria:

Primeira.-Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir mediante contrato en réxime laboral de natureza fixa unha praza de xestor/a de actividades culturais, do grupo II, para ser cuberta polo sistema de promoción interna.

1.2. O procedemento de selección será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que se especifican no anexo I.

1.3. O...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía