Orde do 10 de marzo de 2008 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 56, Luns 24 de Marzo de 2008IV. Oposicións e Concursos › CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 10 de marzo de 2008 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

De conformidade co establecido no Decreto 65/2007, do 12 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 72, do 13 de abril), esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de oito (8) prazas do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, polo sistema de acceso libre e o procedemento de oposición.

O corpo superior, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, é equivalente ao subgrupo A1.

O proceso selectivo constará dunha fase de probas selectivas e outra consistente na superación dun curso selectivo coas probas, puntuacións e materias que se sinalan nesta orde.

I.1.1. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e co Decreto 65/2007, do 12 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, do total de prazas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 33%.

De acordo co establecido na disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, no suposto de que esta praza non se cubra, acumularase á cota do 7% da oferta seguinte, cun límite máximo do 12%. Así mesmo, no suposto de que algún/unha aspirante con discapacidade que se presentase pola cota de reserva para persoas con discapacidades superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros/as aspirantes do sistema de acceso libre, será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso libre.

I.1.2. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública d...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía