EDICTO do 8 de novembro de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación San Mamede, a favor dos veciños da parroquia de Sobreganade, no concello de Porqueira.

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyEdicto

O Xurado Provincial de Clasificación de Monte Veciñais en Man Común de Ourense acordou, en sesión que tivo lugar no 14 de marzo de 2012, iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Concello: Porqueira.

Denominación do monte: San Mamede.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Sobreganade.

Superficie total: 108,6238 ha aproximadamente.

A superficie en clasificación, segundo informe técnico previo do Servizo de Montes, atópase distribuída nos seguintes predios:

– Predio 1. Superficie: 2,22 ha. Coñecido o sitio como Vivián. Sito ao N do lugar de San Mamede, formado pola parcela catastral 1022, e seguindo o sentido das agullas do reloxo, coas seguintes

Estremas:

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcela 1027, comunal do Concello, lugar de Sabucedo; parcela 1026, de Agripina Rodríguez Rodríguez; parcela 1025, de Hortensia Martínez Rodríguez; parcela 1024, de Antonio Vázquez Martínez; parcela 1023, da Comunidade Autónoma de Galicia; parcela 1021, de titular descoñecido; parcela 1020 de Manuel Rodríguez Rodríguez.

– Predio 2. Superficie: 0,84 ha. Está integrada por dúas parcelas illadas do polígono 503: A Barxela (parcela 930) e Igrexario (parcela 294).

Estremas da parcela 930 (A Barxela):

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcela 929, de Concepción Lorenzo Peaguada; parcela 926, de María Vicenta Andrade Conde; estrema tamén con camiño.

Estremas da parcela 294 (Igrexario):

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcela 296, de Aurelio López Pena; parcela 295 de Blasinda López Fernández; estrema tamén con camiño e estrada de Ganade a Calvos de Randín.

– Predio 3. Superficie: 105,56 ha.

Intégranse nel as parcelas 880, 1470, 1479, 1360, 1461, 1467, 1468, 1469 e 1463, que comezando polo extremo sito máis ao N e seguindo as agullas do reloxo, cos seguintes

Estremas:

Intégranse no polígono 503, con número e propietarios que a seguir se relacionan: parcelas 890, 889, 888, 887, 886...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR