ORDE do 10 de decembro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 7 de maio de 2012.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorConsellería do Medio Rural e do Mar
Rango de LeyOrde

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, pola Orde do 7 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 97, do 23 de maio), de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexilativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 7 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 97, do 23 de maio).

Segundo. Declarar desertos os postos de traballo que se indican:

Denominación: subdirector/a xeral de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Código: MR.C07.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Centro destino: Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: xefe/a do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.

Código: MR.C99.10.901.27001.001.

Nivel: 28.

Centro destino: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Denominación: xefe/a do Servizo de Programación.

Código: MR.C07.00.002.15770.014.

Nivel: 28.

Centro destino: Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR