ORDE do 28 de novembro de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyOrde

O artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, establece que o concurso constitúe o sistema normal de provisión de postos de traballo vacantes na Administración da Xunta de Galicia.

O artigo 14.2.6 do mesmo texto legal atribúe ao/á conselleiro/a competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de traslados.

Existindo na relación de postos de traballo vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria, esta consellería, en uso das competencias que ten atribuídas, logo de negociación na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal, resolve convocar concurso de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes que se especifican no anexo I desta orde, de conformidade coas seguintes

Bases

  1. Requisitos para a participación

    1. Poderán participar neste concurso:

      1. Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración especial da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas, unha vez transcorridos dous anos desde que accedesen ao posto que veñan desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá permanencia.

        Aos/ás funcionarios/as que accedesen a un corpo por promoción interna ou en virtude dun procedemento de integración e permanecesen no posto de traballo que desempeñaban, computaráselles o tempo de servizos prestados neste posto no corpo de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

      2. Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración especial da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas en situación de excedencia voluntaria por interese particular, unha vez transcorrido o período mínimo de permanencia nesta situación.

      3. Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración especial da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas en situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.

      4. Os/as funcionarios/as dos corpos da Administración especial da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas en situación de excedencia por violencia de xénero.

    2. Están obrigados a participar neste concurso:

      1. Os/as funcionarios/as dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia reingresados con carácter provisional desde a situación de excedencia, que deben, polo menos, solicitar todos os postos ofertados na localidade na cal estivesen adscritos/as provisionalmente (artigo 61.3 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

      2. Os/as funcionarios/as dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia que se encontren á disposición do/a conselleiro/a ou adscritos/as provisionalmente por remoción dun posto de libre designación, que deben, polo menos, solicitar, á súa elección, todos os postos que se oferten na última localidade en que ocupasen posto con carácter definitivo, ou ben todos os postos que se oferten na localidade onde estivesen á disposición ou adscritos/as provisionalmente (artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

      3. Os/as funcionarios/as dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia que se encontren á disposición do/a conselleiro/a ou adscritos/as provisionalmente por alteración do contido ou supresión do posto que ocupaban con carácter definitivo, que deben, polo menos, solicitar, á súa elección, todos os postos que se oferten na última localidade en que ocupasen posto con carácter definitivo, ou ben todos os postos que se oferten na localidade onde estivesen á disposición ou adscritos/s a provisionalmente (artigo 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia).

      O incumprimento da obriga de participar nos termos establecidos nas alíneas a), b) e c) determinará a declaración na situación de excedencia voluntaria por interese particular (artigos 61.4 e 65.4 do Decreto lexislativo 1/2008).

    3. Non poderán participar neste concurso:

      1. Os/as funcionarios/as dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia nomeados con carácter provisional como consecuencia da resolución de procesos selectivos, calquera que sexa a situación administrativa en que se encontren. Este persoal será convocado para elixir destino definitivo tras a resolución do concurso atendendo á orde de prelación obtida no correspondente proceso selectivo.

      2. Os/as funcionarios/as dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia ou análogos doutras administracións públicas suspensos en firme, mentres dure a suspensión.

  2. Postos ofertados

    1. Os/as interesados/as poderán solicitar por orde de preferencia os postos relacionados no anexo I, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

    2. Así mesmo, os/as funcionarios/as que o desexen poderán solicitar os postos da súa escala que resulten vacantes a consecuencia da adxudicación dos postos ofertados no anexo I. A adxudicación dun posto a resultas está condicionada a que o solicitante non obteña ningún dos postos convocados no anexo I e a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.

      Os/as funcionarios/as só poderán ser adxudicatarios/as dos postos para cuxo desempeño reúnan os requisitos establecidos na correspondente relación de postos de traballo.

      Os postos resultantes adxudicaranse de acordo co seguinte procedemento:

      Os postos que se oferten ordenaranse por consellerías segundo o decreto polo que se aprobe a estrutura orgánica da Xunta de Galicia vixente no momento da adxudicación e, dentro de cada consellería, pola orde en que figuran na correspondente relación de postos de traballo.

      Aos postos que se oferten asignaránselles números correlativos a partir do seguinte ao último dos que figuran na relación publicada como anexo da orde da convocatoria.

      Os postos adxudicaranse por orde de numeración, atribuíndo preferencia ao aspirante que tivese maior puntuación consonte o baremo.

    3. Os/as interesados/as en participar na convocatoria deberán posuír os requisitos especificados no anexo I desta orde para desempeñar a vacante a que pretenden acceder.

  3. Valoración de méritos

    A valoración dos méritos para a adxudicación dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:

    1. Antigüidade (servizos prestados nas administracións públicas):

      Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como funcionario/a de carreira: 0,15 puntos.

      A puntuación máxima na base III.1 será de 5,5 puntos.

      Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

    2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

      2.1. Os méritos que se especifiquen para cada posto de traballo no anexo I desta orde valoraranse da seguinte forma:

      1. Por estar en posesión do permiso de conducir B1: 0,80 puntos.

      2. Por estar en posesión dun doutoramento na materia que se especifique: 1,5 puntos.

      3. Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se especifique adquirida coa condición de funcionario de carreira: 0,20 puntos.

      4. Por posuír os coñecementos que se especifiquen, acreditados mediante a asistencia a cursos:

      – Por cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas e ata 40 horas lectivas: 0,20 puntos.

      – Por cada curso de duración superior a 40 horas lectivas e igual ou inferior a 75 horas lectivas: 0,40 puntos.

      – Por cada curso de duración superior a 75 horas lectivas e igual ou inferior a 100 horas lectivas: 0,80 puntos.

      – Por cada curso de duración superior a 100 horas lectivas: 1 punto.

      De non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles organizados e impartidos directamente polos organismos relacionados na base III.5.

      Non se valorará:

      – A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

      – As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

      – Os cursos de doutoramento.

      – Os módulos ou partes integrantes dun curso.

      2.2. Os méritos «preferentes» que se especifiquen para un posto de traballo no anexo I desta orde valoraranse consonte o establecido no número 2.1. En caso de empate de puntuacións de dous ou máis aspirantes aos postos en cuestión, este dirimirase atendendo á maior puntuación obtida nese concepto.

      A puntuación máxima na base III.2 será de 3 puntos.

    3. Grao persoal recoñecido.

      Polo nivel 12 de grao recoñecido: 1,3 puntos.

      Por cada unidade de nivel que exceda o 12: 0,15 puntos.

      A puntuación máxima na base III.3 será de 4 puntos.

      No suposto en que os/as funcionarios/as non teñan recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 12 computarase, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do corpo de Administración especial a que pertenza o funcionario.

    4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido desde o último posto obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación e de igualdade de xénero:

      4.1. Traballo desenvolvido:

      4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a de carreira nos distintos grupos.

      4.1.2. A valoración efectuarase consonte os seguintes criterios:

      1. Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,40 puntos.

      2. Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado ata dous niveis: 0,30 puntos.

      3. Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ao desempeñado: 0,20 puntos.

      4.1.3. O traballo desenvolvido en...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR