Resolución do 1 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións de xubilación, fillos menores, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do fondo de acción social para o exercicio de 2002 para o persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Rango de LeyResolución

De conformidade co establecido no punto dous das normas xerais de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2002 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CSI-CSIF representadas na mesa xeral de negociación de funcionarios e no comité intercentros do persoal laboral, así como na comisión de concesión das axudas de acción social, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 12 de setembro de 2002 e publicado por Resolución do 16 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 30 de setembro), da Dirección Xeral de Relacións Laborais, deben publicarse as listas provisionais de admitidos e excluídos dalgunhas das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2002.

De conformidade con isto, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás axudas de xubilación, fillos menores, estudios do traballador, diminuídos e vivenda do fondo de acción social do ano 2002, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Contra as ditas listas os interesados poderán presentar reclamacións e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR