Resolución do 11 de agosto de 2005 pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra). (Clave PO/5/156).

Extracto


Resolución do 11 de agosto de 2005 pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra). (Clave PO/5/156).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra), que se transcribe como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2005.

P.D. (Resolución 9-4-2003, DOG do 16 de abril)

Emilio García Gallego

Director xeral do organismo autónomo

Augas de Galicia

ANEXO

Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 27 de xuño de 2005 relativa aos proxectos, presentados en competencia, para a concesión dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra). Peticionarios: Técnicos Asociados Gallegos, S.L.; Hidroeléctrica A Carixa, S.L.; Hidroeléctrica O Cruceiro, S.L.; Norvento, S.L.; Norvento Hidráulica, S.A.; Energías del Deza, S.L. Clave: 2005/0040-8.

Antecedentes.

Dentro do procedemento substantivo do organismo autónomo Augas de Galicia para o outorgamento da concesión e autorización administrativas dun aproveitamento hidroeléctrico no río Deza, e dentro das competencias que recaen nesta dirección xeral en materia de protección ambiental, procédese a formular a declaración de impacto ambiental (DIA) para os proxectos sinalados no encabezamento.

Os proxectos a que se refire esta declaración, resumidos no anexo I, foron cualificados en aplicación da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, ao estaren comprendidos entre as actividades listadas no seu anexo I, concretamente, no grupo 9, alínea c, relativo a determinados proxectos que se desenvolven en zonas especialmente sensibles, designadas en aplicación das directivas 79/409/CEE e 92/43/CEE.

En cumprimento do estipulado para o trámite de avaliación de impacto ambiental, con data 6 de abril de 2005 publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 65 a Resolución do 15 de marzo de 2005, de Augas de Galicia, pola que se sometían ao trámite de información pública, entre outros, os estudos ambientais presentados polos distintos peticionarios.

Con data 6 de xuño de 2005 recibiuse copia do expediente ambiental, remitido por Augas de Galicia. No expediente constan os informes elaborados polas direccións xerais de Conservación da Natureza; Industria, Enerxía e Minas; Patrimonio Cultural e Saúde Pública; por Augas de Galicia; así como os certificados de información pública dos concellos e copia das alegacións presentadas durante o período de información pública por: María del Carmen García Lodeiro e dezanove persoas máis; José Garaloces Paz en nome da sociedade mercantil Baños da Brea, S.L.; María Mercedes Casal Jiménez, presidenta da Comisión Xestora do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia; Luis Álvarez Fernández en nome da entidade mercantil Desarrollos Urbanísticos e Inmobiliarios, S.A.; Xosé Veiras García en nome e representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia; Martiño Nercellas Méndez en representación da Federación Ecoloxista Galega; José Antonio Pena...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía