DECRETO 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Rango de LeyDecreto

A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, ten por obxecto eliminar os obstáculos que se opoñen á liberdade de establecemento das persoas prestadoras nos Estados membros da Unión Europea e á libre circulación de servizos e garantirlles, tanto ás persoas destinatarias como ás prestadoras dos servizos, a seguridade xurídica necesaria para o exercicio efectivo das liberdades fundamentais do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

A directiva establece un marco xurídico xeral que beneficia unha ampla oferta de servizos, tratando de suprimir de forma prioritaria as barreiras que poidan eliminarse de forma inmediata e, respecto ás demais, iniciar un proceso de avaliación, consulta e harmonización complementaria de cuestións específicas para permitir a modernización, de forma progresiva e coordinada, dos sistemas nacionais de regulación das actividades de servizos, operación que resulta indispensable para desenvolver un auténtico mercado interior.

A transposición da directiva ao ordenamento xurídico estatal produciuse en virtude da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

Igualmente, á Comunidade Autónoma de Galicia, desde co recoñecemento de que as disposicións referentes aos réximes de autorización e ao seu ámbito territorial non deben interferir no repartimento das respectivas competencias rexionais ou locais nos Estados membros, correspóndelle a responsabilidade de harmonizar a súa lexislación á directiva e eliminar os obstáculos que se opoñen á liberdade de establecemento e á circulación das persoas prestadoras de servizos en Galicia.

En virtude deste imperativo legal, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á directiva, co que se produciu o proceso de harmonización que debe, pola súa vez, aplicarse ao conxunto do ordenamento xurídico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez finalizado o proceso de análise dos diferentes procedementos e autorizacións existentes en materia de xuventude, procede a modificación da normativa vixente co fin de substituír determinadas autorizacións por declaracións responsables ou comunicacións previas, simplificando trámites e favorecendo o exercicio das actividades de servizos non limitando a vixencia de autorizacións, para dar, así, cumprimento aos preceptos da dita directiva comunitaria.

A normativa reguladora en materia de xuventude vén integrada polo Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, que contribuíu a que nunha única norma xurídica quedasen reguladas distintas materias sobre xuventude. No mesmo se conteñen diversos procedementos que se vén afectados directamente pola directiva, xa que todos eles regulan a prestación de servizos de distinta natureza á xuventude baixo o réxime xurídico, logo de solicitude, da autorización e, en consecuencia, deben ser obxecto de adaptación a esta cun dobre réxime xurídico: o establecido para a liberdade de establecemento das persoas prestadoras de servizos e o de libre prestación de servizos para as persoas prestadoras doutro Estado membro.

Así, os procedementos de recoñecemento das distintas tipoloxías de instalacións xuvenís, das súas modificacións substanciais, das diferentes actividades ao aire libre, das escolas de tempo libre, xunto á expedición dos títulos impartidos e á homologación doutros títulos expedidos por órganos doutras comunidades autónomas ou de Estados membros da Unión, constitúen o obxecto da modificación que se leva a cabo.

As autorizacións que se viñan concedendo tras a tramitación dos oportunos procedementos de recoñecemento oficial veñen substituírse pola declaración responsable de inicio de actividade que se configura como a técnica que, de forma xeral e preferente, preside a liberdade de establecemento das persoas prestadoras de servizos dado o innegable interese xeral que preside a prestación destes servizos no ámbito da xuventude.

Por todo o exposto, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xaneiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo único Modificación do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.

Un. Modifícase a alínea a) do número 1 do artigo 1 do título preliminar, que queda redactado como segue:

a) As características dos diferentes tipos de instalacións destinadas á mocidade para a realización de actividades no tempo libre no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para os efectos do inicio da súa actividade, logo de presentación dunha declaración responsable, nos termos establecidos no artigo 1 bis

.

Dous. Introdúcese un novo artigo 1 bis no título preliminar, coa seguinte redacción:

Artigo 1 bis. Declaración responsable.

1. A prestación de servizos á xuventude, nos supostos de instalacións xuvenís, modificación substancial delas, actividades ao aire libre e escolas de tempo libre reguladas neste decreto, requirirá a presentación ante a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar dunha declaración responsable de inicio de actividade.

2. A declaración responsable de inicio de actividade constitúe un documento subscrito pola persoa prestadora do servizo, de acordo cos modelos normalizados que figuran nos anexos deste decreto, no cal declara baixo a súa responsabilidade:

a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo correspondente deste decreto, en función da natureza do servizo.

b) Que, en función da natureza do servizo que vai prestar, cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos nos títulos I, II e III deste decreto para ese servizo.

c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.

3. De producirse un cambio na titularidade do servizo, a nova persoa titular deberá subscribir unha nova declaración responsable co mesmo contido que se detalla no punto segundo deste artigo. Esta nova declaración deberá presentarse nun prazo non superior a quince días dende que se produza o cambio de titularidade.

4. A presentación da declaración responsable habilitará, para os efectos previstos neste decreto e sen prexuízo doutras exixencias legais, para o exercicio da actividade dende o mesmo día da súa presentación, que poderá efectuarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros dos órganos territoriais ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén poderá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es

5. Logo de presentar a declaración responsable, os órganos territoriais dependentes da consellería competente en materia de xuventude...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR