Resolución do 21 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona da Lagoa de Antela, promovido pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 231, Venres 29 de Novembro de 2002VI. Anuncios › CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 21 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona da Lagoa de Antela, promovido pola Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Pola presente resolución e en cumprimento do disposto no artigo 5 punto 7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 12 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona da Lagoa de Antela, promovido pola Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, que se transcribe como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2002.

Alejandro Martínez Geijo Nogueira Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Resolución do 12 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia, zona da Lagoa de Antela, promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

Antecedentes.

Dado que no grupo 1.d do anexo I do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, modificado pola Lei 6/2001, do 8 de maio, inclúense os proxectos de rega cando afecten a unha superficie de máis de 100 ha, formúlase a presente declaración de impacto ambiental (DIA).

O proxecto de transformación en regadío propón a construcción dunha rede de rega colectiva a presión e á demanda, cun hidrante por parcela. A captación realizarase mediante sondaxes. Para a regulación construiranse dúas balsas, desde as que se subministrará auga a todo o sector por gravidade mediante conduccións ata cada unha das parcelas.

A maior parte da superficie está dedicada ó cultivo da pataca maioritariamente. Así mesmo, existen zonas con matogueiras mixtas en contacto con piñei

rais. Nas inmediacións das regas e da canle principal existen algunhas zonas con vexetación de ribeira degradada. Nas ladeiras dos montes da Pena encóntranse as únicas manifestacións de vexetación climácica, con bosquetes de Quercus pirenaica e Quercus robur.

Examinado o proxecto, solicítaselle ó promotor documentación complementaria en data 10 de maio de 2002, presentándose axeitadamente nesta dirección xeral en data 26 de agosto de 2002.

O 6 de xuño de 2002 solicítase informe ás direccións xerais de Patrimonio Cultural e de Conservación da Natureza, e á Confederación Hidrográfica do Norte. O 31 de xullo de 2002 recíbese o primeiro informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, recibíndose o definitivo o 15 de outubro de 2002. O informe da Confederación Hidrográfica do Norte recíbese o 18 de xullo de 2002, e o da Dirección Xeral de Conservación da Natureza o 5 de novembro de 2002.

En cumprimento do establecido no artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, con data de publicación no Diario Oficial de Galicia do 6 de setembro de 2002 (DOG nº 172), someteuse a información pública polo procedemento de tramitación de urxencia o estudio de impacto ambiental do Proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia. Zona da Lagoa de Antela, tendo constancia da presentación de alegacións que se resumen no anexo II desta DIA.

Como resposta a estas alegacións, o promotor remite documentación adicional que se recibe o 15 de outubro de 2002.

Realizada a tramitación, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das competencias que lle concede o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, formula a declaración de impacto ambiental (DIA) do Proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia. Zona da Lagoa de Antela, promovido pola Dirección Xeral de Infraestructu...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía