RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural da colección Novacaixagalicia.

SecciónVI. Anuncios
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyResolución

O carácter sobranceiro da coñecida como colección Novacaixagalicia recolle un conxunto artístico único pola calidade das obras que a compoñen e o alcance simbólico e representativo da evolución da arte galega dos últimos tempos. Un patrimonio moble plural que nace do esforzo da sociedade galega, expresa a súa creatividade e ten nela o seu indiscutible receptor moral.

A significación social que unanimemente se está poñendo de manifesto, derivada das características mencionadas, fálanos dun elenco de obras que exixen a posta en marcha do correspondente procedemento administrativo que o centro directivo en materia de patrimonio cultural ha de impulsar mediante o exercicio das facultades que a normativa na materia lle outorga.

A finalidade do expediente administrativo que se incoa non é outra que verificar oficialmente con criterios científicos, académicos e técnicos a recoñecida relevancia da colección e o seu coherente tratamento e consideración, de xeito que quede acreditado con todas as garantías xurídicas necesarias que estamos ante uns valores culturais que merecen o maior rango de protección. O ordenamento xurídico habilita determinados instrumentos legais de cara a preservar a integridade da colección e o seu acceso para o estudo e goce por parte de toda a sociedade galega.

A colección artística está composta por 5.638 obras de máis de mil autores de obra gráfica e autores de obra pictórica, escultórica e outras artes menores, cunha presenza predominante de obras do século XX. En total conta con 3.468 obras artísticas (pintura, escultura, fotografía, esmaltes, iconas, cerámicas, instalación e vídeo) e 2.170 exemplares de obra gráfica.

Todo o anterior sen prexuízo de que, como resultado dos labores de información e investigación derivados deste expediente, deberán precisarse estes contidos ou ben completarse cos datos cuantitativos e cualitativos que se obteñan.

A súa orixe está na colección reunida pola Obra Social da antiga Caixanova, institución financeira constituída o 17 de xullo do ano 2000 en virtude do acordo de fusión acadado polas asembleas xerais das caixas de aforros de Vigo (fundada en 1880), Pontevedra (fundada en 1930) e Ourense (fundada en 1933).

A Colección nace a mediados do século XX, momento en que comezan a retornar a Galicia algúns dos artistas galegos emigrados na posguerra, logo de se constituír en 1961 a obra social Caixavigo. O seu obxecto inicial foi apoiar o labor dos artistas galegos, así como difundir e divulgar a riqueza cultural e plástica de Galicia. Esta Colección de Caixavigo pasará a denominarse Colección Caixanova no ano 2000 coa fusión das caixas. Reúne máis dun milleiro de pinturas e esculturas e foi cualificada daquela como a mellor colección privada de arte contemporánea de galega.

Nas súas orixes a colección decantouse, preferentemente, polos artistas e as artistas galegas e o formato pictórico no desexo de reunir unha colección de arte galega dos séculos XIX e XX.

Cos anos, a colección foi medrando e incorporando novos formatos e técnicas (pinturas, esculturas, gravados, debuxos, fotografías e instalacións), con obras de autores contemporáneos, dende a segunda metade do século XX ata a actualidade. O elenco abrangue artistas tanto de dentro como de fóra de Galicia.

Unha parte importante da Colección Novacaixagalicia constitúea a obra gráfica, reunida a partir dos traballos premiados na Bienal Internacional do Gravado, premiados e participantes de orixe diversa (Europa, América e Asia). Este certame foi convocado inicialmente pola desaparecida Caixa Ourense e posteriormente continuado por Caixanova e Novacaixagalicia. A estas pezas galardoadas que se incorporaron á colección sumáronse gravados doutros autores importantes de renome internacional e indiscutida relevancia na historia universal da arte.

Trátase dunha colección froito da obra social dunhas entidades financeiras imbricadas na sociedade galega, destinataria última deste patrimonio que ela mesma, cos seus propios recursos e esforzos, foi xerando ao longo do tempo.

No expediente recóllese un relatorio dos eixos e contidos máis salientables dende a paisaxe romántica ata a renovación dos anos oitenta deica hoxe.

Á vista de todo o anterior, examinada a documentación que integra o expediente que permite, sen prexuízo dunha mellor precisión, alcance ou estruturación no seu desenvolvemento, unha descrición do obxecto da declaración e a súa correcta identificación, así como das condicións de conservación, en aplicación do disposto nos artigos 9 e 10 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de ben de interese cultural de Galicia e se crea o Rexistro de Bens de Interese Cultural para Galicia, en exercicio das competencias que teño atribuídas polo Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro,

RESOLVO:

  1. Incoar o procedemento para a declaración de ben de interese cultural da colección de Novacaixagalicia.

  2. Comunicar esta resolución ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural para a súa anotación preventiva como unha colección de bens mobles de interese cultural.

  3. Dar conta á Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, de quen depende o Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural e o Inventario Xeral de Bens Mobles, da Administración xeral do Estado.

  4. Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da publicación desta resolución, co fin de que cantos poidan ter interese teñan a posibilidade de examinar o expediente e alegar o que estimen conveniente nas dependencias administrativas da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada no Edificio Administrativo de San Caetano s/n, bloque 3, piso 2, en Santiago de Compostela, logo da correspondente petición de cita.

  5. Ordenar que se solicite o consentimento dos autores vivos que o sexan dalgunha ou dalgunhas obras da colección, de conformidade e para os efectos previstos non artigo 8.6 da devandita Lei 8/1995.

  6. Dispor que se soliciten informes a órganos consultivos para os efectos previstos no artigo 9.3 da mencionada Lei 8/1995.

  7. Facer constar que, consonte o disposto polo artigo 10.3 da citada Lei 8/1995, a presente resolución determina cautelarmente a aplicación inmediata e provisional, na súa condición de colección, do réxime de protección previsto para os bens xa declarados.

  8. Lembrar que, ao abeiro do artigo 14 da devandita Lei 8/1995, os titulares dos bens a que se refire esta incoación deberán dar conta ao Rexistro de Bens de Interese Cultural da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de todos os actos que se realicen sobre eles cando afecten o contido desta resolución. Así mesmo, consonte o seu artigo 26, os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre os bens integrantes da colección terán a obriga de facilitar o acceso con fins de inspección aos servizos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Para os efectos previstos nesta incoación, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá solicitar daqueles o exame dos bens integrantes da colección e toda a información pertinente para a súa declaración, se procede, como ben de interese cultural.

  9. Informar que, en aplicación do disposto polo artigo 12 da antedita Lei 8/1995, o expediente terá que resolverse no prazo máximo de vinte meses contados a partir da data en que se incoou. Transcorrido este prazo producirase a caducidade do expediente se se solicitase o arquivo das actuacións ou se dentro dos sesenta días seguintes non se dita resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013

María del Carmen Martínez InsuaDirectora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXONOVACAIXAGALICIA-OBRA PICTÓRICA E ESCULTÓRICA

AUTOR TÍTULO MEDIDAS DATA TIPO
ABAD GALLEGO, ANTONIO DOMAIO 51 × 60 cm 1992 PINTURA
ABAD GALLEGO, ANTONIO FONTE DO ESTANQUE 65 × 50 cm 1997 PINTURA
ABAD GALLEGO, ANTONIO PAISAXE 31 × 43 cm 1999 PINTURA
ABALO MÉNDEZ, MARÍA ELISA AGARDA 77 × 66 cm PINTURA
ABALO MÉNDEZ, MARÍA ELISA BODEGÓN 46 × 55 cm 1990 ca PINTURA
ABALO MÉNDEZ, MARÍA ELISA CESTA CON CAMELIAS 60 × 49 cm PINTURA
ABALO MÉNDEZ, MARÍA ELISA FLOREIRO 48,5 × 59,5 cm PINTURA
ABELENDA ESCUDERO, ALFONSO ESTUDIO DE PINTOR 81 × 100 cm 1988 PINTURA
ABELENDA ESCUDERO, ALFONSO HOMENAXE AO TORO DE LECUMBERRI 122 × 122 cm 1987-1988 PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL CARRETEIROS 71 × 75 cm 1946 PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL DESDE O MEU ESTUDIO 38 × 46 cm 1950 ca PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL ILLOTE NO MIÑO 39 × 47 cm 1914-1920 PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL LUZ DE INVERNO 103 × 136 cm 1945 ca PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL PAISAXE 20 × 24 cm 1945 ca PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL PAISAXE 70 × 70 cm 1914-1920 PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL PONTE DO PORCO EN MIÑO 81 × 110 cm 1930 ca PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL RIA E PRAIA DA PASAXE 103 × 136 cm 1930-1945 PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL RÍA GALEGA 47 × 55 cm 1930 ca PINTURA
ABELENDA ZAPATA, MANUEL SEN TÍTULO 70 × 80 cm PINTURA
ABELENDA, LEONARDO A ROIBEIRA. BETANZOS 38 × 46 cm 1989 PINTURA
ABELENDA, LEONARDO PAISAXE 66 × 83 cm PINTURA
ABELLEIRA, R. ROSTROS DE MULLER 60 × 80 cm 1988 PINTURA
ABREU BASTOS, ANTÓN ANTROPOLOXÍA 130 × 194 cm 1986 PINTURA
ABREU BASTOS, ANTÓN ESPANTALLO 33,5 × 46 cm 1985 PINTURA
ABREU BASTOS, ANTÓN FIGURAS 33,5 × 50 cm 1998 PINTURA
ABREU BASTOS, ANTÓN HERMETISMO 51 × 56 cm 1982-1983 PINTURA
ABREU BASTOS, ANTÓN NA COCIÑA DO AMO 116 × 89 cm 1969 PINTURA
ABREU BASTOS, ANTÓN OFRENDA
...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR