RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan probas selectivas, polo sistema de promoción interna e polo sistema de acceso libre, para a provisión dunha praza de técnico en prevención de riscos laborais, xefe do servizo, vacante na relación de postos de traballo do persoal laboral desta universidade.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DA CORUÑA
Rango de LeyResolución

Debido á necesaria provisión dunha praza vacante de técnico en prevención de riscos laborais-xefe do servizo, da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos, ao abeiro do disposto na disposición transitoria cuarta do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, tras a publicación da RPT de 2005, e na Resolución do 3 de marzo de 2006 pola que se publica a oferta pública de emprego do persoal de administración e servizos desta universidade para o ano 2066 (DOG do 19 de marzo), esta xerencia, en uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias realizada pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012,

RESOLVE:

Convocar probas selectivas para cubrir 1 praza de técnico en prevención de riscos laborais-xefe do servizo (grupo II), polo sistema de promoción interna. De non ser cuberta esta praza polo sistema de promoción interna ofrecerase polo sistema de acceso libre.

Os procesos de selección de promoción interna e acceso libre realizaranse por separado, e será en primeiro lugar o de promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre. As persoas seleccionadas pola quenda de promoción interna, para os que se habilitarán probas específicas, terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.

Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas de acceso.

Ao abeiro do disposto no artigo 22 do III Convenio colectivo do PAS laboral da UDC, ao remataren as probas selectivas constituiranse listaxes de espera para cubrir con carácter temporal os postos de traballo que poidan xurdir ata o próximo proceso selectivo. Para estes efectos as persoas aspirantes deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, indicando todos os datos que se requiren no impreso que figura como anexo IV e especificando as súas opcións de preferencia en canto á localidade e/ou ao tipo de contrato.

As probas selectivas realizaranse con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

  1. Solicitudes.

    1.1. As persoas que desexaren tomar parte nestas probas selectivas deberán solicitalo no impreso segundo modelo que figura como anexo IV desta convocatoria e deberán presentarse xunto con:

    1. Fotocopia do documento nacional de identidade; os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do/a nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separado/a de dereito do/a seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

    2. Os/as aspirantes estranxeiros/as que estean exentos/as da realización da proba previa de acreditación do coñecemento do castelán establecida na base 8 desta convocatoria xuntarán para tal efecto a fotocopia compulsada dos diplomas básico ou superior de español como lingua estranxeira ou do certificado de aptitude en español para estranxeiros/as expedido polas escolas oficiais de idiomas. De non achegar esta certificación non poderán ser declarados/as exentos/as, polo que deberán realizar a proba a que se refiren estas bases.

    3. Certificación acreditativa dos servizos prestados noutras administracións públicas españolas referido á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Esta certificación será expedida polas respectivas xerencias. Se os servizos foron ou son prestados na UDC deberá indicarse na epígrafe correspondente da solicitude e, deste xeito, a certificación expedirase de oficio e engadirase á solicitude do/a aspirante.

    4. Fotocopia da titulación académica requirida.

    5. As persoas aspirantes pola quenda libre deberán xustificar o pagamento co documento bancario acreditativo de que se aboaron os dereitos de exame que ascenden a 35,08 €, que se ingresarán no Banco Santander Central Hispano na conta 0049-5030-15-2516011262.

    Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame aquelas persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do carné de familia numerosa, segundo corresponda.

    Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación desta convocatoria. Para o gozo da exención será requisito que non rexeitasen, no prazo de que se trate, oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional. O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acreditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita da persoa solicitante. Ambos os dous documentos deberán xuntarse á solicitude.

    En ningún caso a presentación e pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

    Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non presenten o documento referido no punto 1.1.a) ou non aboen os dereitos de exame e non presenten o xustificante de bonificación ou exención dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes. Non se concederá ningún prazo adicional para o aboamento dos dereitos de exame.

    Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas.

    As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais que contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para os efectos de cómputo de prazos considerarase inhábil o mes de agosto.

    A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, Campus de Elviña, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

    As solicitudes que se subscribiren no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

    1.2. As persoas aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberanos acreditar mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou das copias compulsadas. Os servizos prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante unha certificación expedida pola Xerencia da Universidade, referida á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

    1.3. As persoas aspirantes que padezan algunha discapacidade poderano indicar na solicitude e pedir, de ser o caso, as posibles adaptacións de tempos e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

    1.4. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súas solicitudes e poden unicamente demandar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 1.1 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e apreciada polo tribunal.

  2. Requisitos das persoas candidatas.

    2.1. Para seren admitidas á realización destas probas selectivas, as persoas aspirantes deberán reunir e manter os seguintes requisitos:

    1. Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta está definida no Tratado constitutivo da Comunidade Europea. Tamén poderán participar o/a cónxuxe, descendentes e descendentes do/a cónxuxe, dos/as españois/españolas e dos/as nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, se non estivesen separados/as de dereito, menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

    2. Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder os sesenta e cinco.

    3. Estar en posesión do título de diplomado/a universitario/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a ou equivalente segundo a normativa vixente, ou en condicións de o obter...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR