RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorCONSELLERÍA DE FACENDA
Rango de LeyResolución

Na sesión que tivo lugar o día 12 de setembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG número 79, do 25 de abril) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG número 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información a Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. Que, de acordo co establecido na base II.1.1.2 da orde da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de dezasete puntos e medio (17,50).

Terceiro. Que, de acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Segundo o disposto na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, os aspirantes que superaron este exercicio disporán dun prazo de dez (10) días...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR