Resolución do 16 de febreiro de 2011 pola que se fan públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo (A Coruña), aprobado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2007.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 44, Venres 4 de Marzo de 2011VI. Anuncios › INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 16 de febreiro de 2011 pola que se fan públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo (A Coruña), aprobado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2007.

En cumprimento do disposto no artigo 13º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal en relación coa Lei 10/1995, do 23 de novembro, fíxose público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2007 de aprobación definitiva do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo mediante resolución da presidenta do IGVS do 12 de febreiro de 2007, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 34, do 16 de febreiro de 2007. De acordo co anterior e en virtude do establecido pola posterior Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, fanse públicas as disposicións normativas do proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo:

Ordenanzas reguladoras:

4.1. Normas xerais.

Natureza e ámbito.

1. O proxecto sectorial da área empresarial de Carballo desenvolve as determinacións do Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sobre o ámbito delimitado polo devandito plan para o parque empresarial de Carballo.

2. Esta normativa aplícase á superficie total do ámbito do proxecto que é de 718.482 m2.

4.1.2. Modificación e vixencia.

1. A modificación do proxecto sectorial poderase realizar en calquera momento, seguindo o procedemento establecido no artígo 13º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, con exclusión do trámite previsto no seu punto 1.

2. O proxecto sectorial poderá caducar e extinguir os seus efectos no suposto de que se produza a declaración de caducidade por incumprimento dos prazos previstos para o seu inicio ou terminación por causa imputable ao titular das obras, ou que estas sexan interrompidas por tempo superior ao autorizado sen causa xustificada, excepto obtención previa da correspondente prórroga que poderá outorgar a consellería que tramitou o proxecto.

3. A declaración de caducidade corresponderalle ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta e logo de informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e audiencia dos interesados.

4. A declaración de caducidade indicará, se é o caso, as determinacións do planeamento urbanístico municipal que deban ser modificadas, as condicións a que queden sometidas as construcións e instalacións xa realizadas e aqueloutras que resulten adecuadas para corrixir ou eliminar os impactos que se poidan producir no medio físico.

4.1.3. Alcance normativo dos documentos.

O alcance normativo do proxecto deriva do contido normativo dos documentos que o integran e en particular das ordenanzas reguladoras e planos de ordenación.

A cartografía a escala 1/1000 que constitúe a base gráfica sobre a que se debuxou a planimetría terá carácter de cartografía oficial e o seu uso será obrigatorio para reflectir a localización e determinacións de calquera petición de licenza urbanística.

4.1.4. Desenvolvemento obrigatorio.

Para a execución do proxecto sectorial redactaranse os correspondentes proxectos técnicos de execución.

Para o desenvolvemento urbanístico das actividades empresariais redactaranse os proxectos de parcelación, edificación e instalacións.

4.1.5. Cumprimento da lexislación vixente.

O cumprimento das normas e preceptos contidos nesta normativa non exime da obrigatoriedade de cumprir as restantes disposicións vixentes ou que poidan ser ditadas sobre as distintas materias afectadas en cada caso.

Nos aspectos non recollidos nestas ordenanzas, aplicarase o disposto no Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no Ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a normativa urbanística municipal vixente.

4.1.6. Sistema de actuación.

Por determinación do Plan Sectorial de Ordenación Territorial de Áreas Empresariais no Ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a actuación desenvolverase por expropiación forzosa e correspóndelle ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a tramitación dos expedientes expropiatorios como Administración actuante.

4.1.7. Definicións.

Para efectos destas ordenanzas, cantas veces se empreguen os termos que a continuación se indican, terán o significado que se expresa nos puntos seguintes:

Parcela edificable.

Parcela edificable é a superficie de solo comprendida entre lindeiros e aliñacións sobre a cal se pode edificar, cando reúna a condición de soar como consecuencia da execución do proxecto sectorial.

Cuarteirón.

É o conxunto de parcelas que sen solución de continuidade quedan comprendidas entre vías e/ou espazos públicos determinados no proxecto.

Aliñación.

Entenderase por aliñación aquela liña límite da parcela que separa esta dos espazos libres públicos.

Liña de edificación.

É aquela liña que a futura edificación non pode exceder. A liña de edificación pode ser exterior ou interior:

-Exterior. Cando se refire á fachada de edificación que dea fronte a espazos libres públicos ou rúa. A liña exterior coincidirá coa aliñación, salvo no caso en que se dispón a obrigatoriedad...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía