ANUNCIO do 7 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo se lle notifica a Racionalización de Servicios Navales, S.L. a Resolución do 25 de xuño de 2014 desta consellería, pola que se acorda o reintegro da subvención concedida ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (expediente CEI-SXT-2014/11).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyAnuncio

Intentada a práctica da notificación a Racionalización de Servicios Navales, S.L. da Resolución do 25 de xuño de 2014 desta consellería, pola que se acorda o reintegro da subvención concedida á dita persoa xurídica no ano 2009, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procédese á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta en Santiago de Compostela, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

O órgano competente da Axencia Tributaria de Galicia notificaralle o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a data de notificación da presente resolución, ante a Axencia Galega de Innovación para a súa resolución pola Presidencia, de conformidade co exposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) reguladora do réxime xurídico...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR