Resolución do 22 de decembro de 2009 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, deste instituto.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 254, Xoves 31 de Decembro de 2009IV. Oposicións e Concursos › INSTITUTO TECNOLÓXICO PARA O CONTROL DO MEDIO MARIÑO DE GALICIA

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 22 de decembro de 2009 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, deste instituto.

A Lei 3/2004, do 7 de xuño (DOG nº 116, do 7 de xuño de 2004) crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) como un ente de dereito público con personalidade xurídica propia e patrimonio propio e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería do Mar; o seu regulamento foi aprobado polo Decreto 41/2005, do 17 de febreiro (DOG nº 49, do 11 de marzo).

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia configúrase como un ente de dereito público dos previstos no artigo 12.1º b) do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. Por outra banda, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia está sometido ao disposto na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuacións de entes e empresas en que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Por todo o exposto, de acordo coas facultades conferidas pola Lei 3/2004, do 7 de xuño, pola que se crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, e coa autorización conxunta da Dirección Xeral da Función Pública e da Dirección Xeral de Orzamentos,

RESOLVO:

Primeiro.-Convocar o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, polo procedemento de concurso-oposición.

O proceso selectivo constará, polo tanto, dunha fase de oposición e outra fase de concurso.

Segundo.-O devandito proceso selectivo rexerase polas seguintes bases

Primeira.-Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura dunha praza vacante no Intecmar, pertencente ao grupo IV.

I.2. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna e cambio de categoría, se é o caso, será, para cada categoría, dun 50% para a quenda de promoción interna e tendo en conta que cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior ao 0,5...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía