Orde do 16 de abril de 2004 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 78, Venres 23 de Abril de 2004IV. Oposicións e Concursos › CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 16 de abril de 2004 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos.

De conformidade co establecido no Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 47, do 8

de marzo), esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o artigo 13 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a Lei 3/1995, do 10 de abril (DOG nº 76, do 20 de abril)

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de estatísticos, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 5 prazas do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

O proceso selectivo constará dunha fase de oposición e outra fase consistente na superación dun curso selectivo.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascenderá a 1 praza, correspondente ao 25% do total de vacantes. O número total de vacantes reservadas ao sistema de acceso libre ascenderá a 4 prazas.

I.1.2. De conformidade co Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial, por non acadarse as porcentaxes mínimas exixidas non se reservará ningunha praza para ser cuberta por persoas con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas. Se da instancia que se presente non...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía