Orde do 26 de decembro de 2005 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 5, Luns 9 de Xaneiro de 2006IV. Oposicións e Concursos › CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Enlazado como:

Extracto


Orde do 26 de decembro de 2005 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo.

De conformidade co establecido no Decreto 161/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma para o ano 2005, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio,

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de oito prazas do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspectores de consumo, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ao sistema de promoción interna ascenderá a dúas (2) prazas, que corresponde ao 25% do total das vacantes.

O número total de vacantes reservadas ao sistema de acceso libre ascenderá a seis (6) prazas.

As prazas sen cubrir das reservadas ao sistema de promoción interna acumularanse ao sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 161/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma para o ano 2005, por non alcanzar as porcentaxes mínimas exixidas non se reservará ningunha praza para ser cuberta por persoa con minusvalidez cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

I.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas citados. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, serán excluídos nas listas provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, tras a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera outro tipo de corrección ou aclaración ao respecto.

1.1.4. A este proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, a Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autón...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía