Orde do 20 de outubro de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas a organismos públicos ou semipúblicos para a realización de proxectos de transformación de buques pesqueiros para a súa reconversión, con fins de formación ou de investigación no sector pesqueiro ou para actividades distintas da pesca (con financiamento do Fondo Europeo da Pesca).

Extracto


Orde do 20 de outubro de 2008 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento de concesión de axudas a organismos públicos ou semipúblicos para a realización de proxectos de transformación de buques pesqueiros para a súa reconversión, con fins de formación ou de investigación no sector pesqueiro ou para actividades distintas da pesca (con financiamento do Fondo Europeo da Pesca).

A mellora da calidade de vida nas comunidades pescadoras do noso litoral está ligada á adopción de prácticas de pesca responsables e accións de diversificación económica e de promoción sociocultural que permitan poñer en marcha programas de desenvolvemento sustentable.

Na definición e posta en marcha destes programas de desenvolvemento sustentable, é necesario un apoio das institucións e organismos públicos e semipúblicos, tanto nos aspectos técnicos e de información como naqueles de formación, investigación aplicada á resolución dos problemas que as comunidades non poden abordar ou naqueles de posta en marcha de actividades que, a modo de experiencia dinamizadora, promovan o desenvolvemento sustentable.

O Fondo Europeo da Pesca (FEP), nos seus considerandos previos á adopción do Regulamento (CE) nº 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo de 2006, relativo ao Fondo Europeo da Pesca, establece: 2) O obxectivo da política pesqueira común debe ser a explotación sustentable dos recursos acuáticos vivos e da acuicultura, no contexto dun desenvolvemento sustentable que teña en conta os aspectos ambientais, económicos e sociais de maneira equilibrada; (32) Procede establecer medidas de acompañamento da política pesqueira común, en particular para reducir o seu impacto socioeconómico mediante a aplicación de estratexias de desenvolvemento local para un desenvolvemento sustentable das zonas pesqueiras; (33) Atendendo á diversidade de situacións e rexións no seo da comunidade, a política de desenvolvemento das zonas pesqueiras debe formar parte dun enfoque integrado baseado nunha estratexia territorial apropiada e adaptada ao contexto local, estar tan descentralizada como sexa posible, promover a participación de axentes locais, basearse nu...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía