Resolución do 20 de setembro de 2007, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 07/273-4).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares nº 23-2º, of. 2, 36200 Vigo.

Denominación: L.M.T.S. de C.T. edificio Dafón 1 a C.T. Salceda núcleo.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor R.H.Z. de 818 metros de lonxitude, con orixe no C.T. edificio Dafón 1 e final no C.T. Salceda-núcleo unha vez que entre e saia dos CC.TT. Dafón 4, Devesa, Dafón 5, Rafael Tilve e Majoya. A instalación está situada en Salceda de Caselas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR