Resolución do 29 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo extraestatutario da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS
Rango de LeyResolución

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., para o ano 2004, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-9-2004, subscrito pola parte económica, por un representante da empresa, e, da parte social, polos traballadores daquela. Tendo en conta que a parte social non posúe representantes lexitimados para negociar que cumpran coas exixencias legais establecidas no artigo 87.1º en relación co 62.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, é polo que ao devandito convenio debe outorgárselle o carácter de convenio colectivo extraestatutario. A teor do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público por mor da súa publicidade para garantir os dereitos dos traballadores así o aconsella, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 29 de setembro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo ano 2004

Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. (Envisal)

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Ámbito.

a) Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º do Estatuto dos traballadores, o ámbito territorial deste convenio é o dos centros de traballo da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

b) Ámbito persoal.

O presente convenio regulará as condicións laborais da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L.,

e do persoal que nela presta os seus servizos, así coma de todo aquel que ingrese no futuro durante a vixencia ou prórroga del.

Quedan excluídos deste convenio, só para os efectos económicos, os postos denominados de función directiva, quedando amparados por este convenio para os demais efectos.

Artigo 2º Normas supletorias-preeminencias.

Rexerán coma normas supletorias ao presente convenio colectivo, todas aquelas normas establecidas no Estatuto dos traballadores e na Ordenanza laboral da industria metalgráfica, de data 29 de xullo de 1970.

O establecido polo presente convenio goza de preferencia perante toda normativa de rango inferior a el, en especial ao disposto na Ordenanza laboral arriba referenciada; respecto do que estableza a lexislación laboral, con carácter posterior, e contradiga, mellore ou amplíe o aquí recollido, rexerá o disposto na lexislación.

Artigo 3º Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor para todos os efectos no momento da sinatura, sen prexuízo de que as condicións económicas se apliquen a partir do 1 de xaneiro de 2004, tendo unha duración dun ano, ata o 31 de decembro de 2004.

Este convenio quedará automaticamente denunciado coa antelación de tres meses respecto da data do seu vencemento; porén, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Artigo 4º Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas, colectivas e ad personam, existentes sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas no presente convenio.

Artigo 5º Condiciones e compensación das melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas. Todas as melloras que se implanten por normas legais ou outras disposicións, serán compensables e absorbibles ata onde cheguen os aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro.

Capítulo II

Persoal

Artigo 6º Cadro de persoal.

A empresa dará a coñecer aos representantes dos traballadores, no trancurso do mes de xaneiro de cada ano, un rexistro do persoal ao servizo dela, facendo constar os seguintes datos: nome, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e número de afiliación á Seguridade Social.

Do mesmo xeito, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento expresando a súa profesión ou oficio e as funcións

que desempeña ou desempeñou durante a súa estadía na empresa.

Artigo 7º Persoal de novo ingreso.

Ao persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, inscritible na oficina de emprego, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os que fixe a lexislación vixente en cada momento.

A empresa fará entrega á representación dos traballadores dunha copia básica de todos os contratos que deban celebrarse por escrito, sexan laborais ou de servizos. Para comprobar a adecuación do contido dos contratos a legalidade vixente, esta copia básica deberá conter todos os datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o enderezo, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afectar á intimidade persoal.

A copia entregarase nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato aos representantes dos traballadores, que a asinarán para efectos de acreditar a entrega.

A mesma notificación farase con respecto ás prórrogas dos contratos subcritos, así coma coas denuncias correspondentes a eles.

Artigo 8º Contratación eventual.

A empresa informará previamente os delegados de persoal das causas motivadoras da contratación temporal, eventual, a tempo parcial e aprendizaxe, así coma do chamamento ou cesamento dos traballadores fixos-descontinuos. Namentres haxa traballadores fixos-descontinuos en desemprego, non se efectuará contratación eventual ou temporal para levar a cabo tarefas propias da empresa, exceptuándose os contratos de servizos.

Os representantes do persoal terán coñecemento dos censos de traballadores eventuais.

Ao abeiro do establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, as partes asinantes deste convenio acordan a aplicación da vixencia máxima dos contratos alí establecidos, na medida pactada no convenio interprovincial da industria da metalgráfica.

Artigo 9º Conversión dos contratos.

De acordo ca normativa vixente, a empresa poderá proceder á conversión dos contratos de duración determinada ou temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida, sexan a tempo completo ou parcial.

Artigo 10º Traslados.

A empresa poderá efectuar os traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atender as peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo cadro de persoal.

Artigo 11º Ascensos.

a) Vacantes por baixas do cadro de persoal.

A empresa convocará concursos que permitan clasificar o persoal para cubrir por ascenso as vacantes producidas por baixas de persoal, salvo que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente de igual categoría.

b) Vacantes por aumento de cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo, cubriranse por concurso, excepto o persoal directivo. Se non puidesen ser cubertas as vacantes por este sistema de promoción interna, a empresa recorrirá a nova contratación.

Capítulo III

Réxime de retribucións

Artigo 12º Salarios.

Establécese como salario base para cada categoría profesional o indicado na columna A da táboa salarial contida no anexo II deste convenio, percibirase por día natural.

A columna B do anexo II representa o resultado de multiplicar por trinta días naturais o salario da columna A do mesmo anexo II.

Artigo 13º Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrado o 31 de decembro de 2004 sufra un incremento superior ao 2,5%, unha vez constatada de modo que dea fe tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, efectuarase unha revisión salarial e a súa contía será o resultado de aplicar, sobre o salario efectivamente devengado durante o...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR