Resolución do 12 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Carnota, no concello de Carnota (A Coruña), promovido por Carnotavento, S.L.

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 167, Mércores 31 de Agosto de 2005VI. Anuncios › CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 12 de xullo de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Carnota, no concello de Carnota (A Coruña), promovido por Carnotavento, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 22 de xuño de 2005, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de parque eólico singular de Carnota, no concello de Carnota, promovido por Carnotavento, S.L., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2005.

P.D. Orden do 30 de xuño de 2005 (DOG nº 126, do 1 de xullo)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións que se establecen na presente DIA, ademais das incluídas no estudo de impacto ambiental e restante documentación avaliada, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Ademais do obrigado cumprimento das anteditas condicións, se se manifesta calquera tipo de impacto non considerado ata o momento, este órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá ditar, para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais aos anteriores.

As condicións establecidas poderán ser revisadas de oficio ou po...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía