Resolución do 9 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Viveiro, no concello de Viveiro (Lugo), promovido polo Concello de Viveiro. (Clave 001-PES).

DOGA. Diario Oficial de Galicia (en gallego) núm 159, Venres 17 de Agosto de 2007VI. Anuncios › CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

Enlazado como:

Extracto


Resolución do 9 de xullo de 2007, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico singular de Viveiro, no concello de Viveiro (Lugo), promovido polo Concello de Viveiro. (Clave 001-PES).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 4 de maio de 2007, relativa ao proxecto do parque eólico singular de Viveiro (Lugo), promovido polo Concello de Viveiro, e que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2007.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 4 de maio de 2007, relativa ao proxecto do parque eólico singular de Viveiro, no Concello de Viveiro (Lugo), cuxo peticionario é o Concello de Viveiro. (Clave: 2004/0040).

Antecedentes.

Por solicitude do Concello de Viveiro, a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación, Industria e Comercio iniciou o procedemento de autorización administrativa do proxecto de execución dun parque eólico singular de 3 MW de potencia total no concello de Viveiro (Lugo), composto por 2 aeroxeradores de 1.500 kW de potencia nominal unitaria.

Dentro do referido procedemento de autorización administrativa considerouse o proxecto como sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental. No anexo I resúmense as características básicas do proxecto e no anexo II as medidas protectoras e correctoras propostas na documentación avaliada.

Mediante Resolución do 16 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo da entón Consellería de Innovación, Industria e Comercio (publicada no DOG nº 227, do 22 de novembro de 2004, con corrección de erros do 21-12-2004), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e o estudo de impacto amb...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía