Resolución do 21 de agosto de 2007, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, pola que se convoca concurso, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de soporte da plataforma colaborativa e de publicación na internet e intranet da Xunta de Galicia.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución
  1. Obxecto: contratación do servizo de soporte da plataforma colaborativa e de publicación na internet e intranet da Xunta de Galicia.

  2. Orzamento de licitación: 620.00 €, IVE incluído, distribuído en 3 anualidades.

    2007: 93.000 €.

    2008: 310.000 €.

    2009: 217.000 €.

  3. Prazo de execución: a duración do contrato será de dous anos, contados desde a data da sinatura do contrato.

  4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, os días e ás horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

    As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas S.A.L., praza de Mazarelos, 14, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 58 54 55, mediante o aboamento do importe que corresponda.

    Así mesmo, tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=8525

  5. Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 4 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

  6. Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no punto 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

  7. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

  8. Modelo de proposición: o que figura como anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

  9. Prazo de presentación de proposicións: o prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do 15-10-2007.

    As proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR