Resolución do 16 de decembro de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de análise, deseño e desenvolvemento dos portais e contidos da internet e intranet da Xunta de Galicia (cofinanciado o 80% polo Feder e o 20% polo FCI). (Expediente 05/2011).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Rango de LeyResolución
  1. Entidade adxudicadora.

    1. Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

    2. Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

    3. Número de expediente: 05/2011.

  2. Obxecto do contrato.

    1. Descrición do obxecto: servizos profesionais necesarios para desenvolver o conxunto de funcionalidades necesarias para facer evolucionar a presenza da Xunta na internet, así como aos servizos e contidos que ofertan tanto a través do portal web, cara á cidadanía, como do portal intranet, cara aos seus profesionais.

    2. División por lotes e número: non.

    3. Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto deste contrato será de 18 meses a partir da súa sinatura.

      Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual o inferior ao fixado orixinariamente (18 meses).

    4. Admisión de prórroga: si.

  3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

    1. Tramitación: ordinaria.

    2. Procedemento: aberto.

  4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 783.701,69 € máis 141.066,31 € que corresponden ao IVE, o que supón un total de 924.768,00 € (novecentos vinte e catro mil setecentos sesenta e oito euros), que se distribuirán en dúas anualidades:

    2011: 513.760 € (IVE incluído).

    2012: 411.008 € (IVE incluído).

  5. Garantía provisional: non se exixe.

  6. Obtención da documentación e da información:

    1. Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

    2. Dirección: edificios administrativos San Caetano.

    3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

    4. Teléfono: 981 54 52 86.

    5. Fax: 981 54 52 74.

    6. Perfil de contratante:

      http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=15636

    7. Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

  7. Requisitos específicos do contratista.

    1. Solvencia e clasificación: véxase número 15) do prego de cláusulas administrativas particulares.

  8. Presentación de ofertas.

    1. Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará as 14.00 horas do día 31-1-2011.

    2. Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

    3. Lugar de presentación:

  9. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR