CÉDULA do 22 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012113TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE

Con data do 6 de novembro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2012113TA-LU, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Antonio Somoza Vázquez, titular do establecemento Pulpería Candil.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio Somoza Vázquez, titular do establecemento Pulpería Candil, o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbese tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR