RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2013/214).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ferroatlántica, S.A.U.

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 86, 7º, 28046 Madrid.

Denominación: modificado subestación 220/66 kV A Ponte Olveira (expediente IN407A 2005/254).

Situación: central hidroeléctrica da Ponte Olveira no concello de Mazaricos.

Características técnicas:

A subestación proxectada sitúase na parcela pertencente á central hidroeléctrica da Ponte Olveira, dentro do termo municipal de Mazaricos (A Coruña). A totalidade da subestación (zona 66 kV e zona 220 kV) sitúase en terreos propiedade de Ferroatlántica, S.A.

Parque intemperie convencional en 220 kV situado fronte á fachada da central hidroeléctrica, en dous niveis: o primeiro nivel (cota +238) estará composto por dúas chegadas de liña e un embarrado en 220 kV. O nivel superior (cota +244) conterá unha posición de transformador en 220 kV e o transformador de potencia 220/66 kV de 40 MVA para dar servizo aos complexos hidroeléctricos actuais de Fervenza e A Ponte Olveira e, no futuro, as súas ampliacións denominadas Fervenza II, A Ponte Olveira II e tamén o salto de Novo Castrelo.

Caseta de control e monitorización, de planta rectangular 7,00x3,00 m e 3,00 m de altura útil, na cal se situarán os cadros de proteccións, cadro de servizos auxiliares e armario de baterías.

Parque de intemperie a 66 kV localizado na actual situación da subestación da central da Ponte Olveira. Instalaranse catro módulos compactos PASS M00 para conexión das liñas procedentes das centrais hidroeléctricas de Novo Castrelo, Fervenza e A Ponte Olveira conectados por medio de embarrado de 66 kV con medida de tensión.

Transformador elevador 66/30 kV no parque intemperie de 66 kV para elevar a tensión da liña de evacuación da central hidroeléctrica de Fervenza (30 kV) antes da conexión ao módulo PASS.

A obra civil inclúe:

• Demolición de construcións existentes e desmontaxe da actual SET 6/66 kV da C.H. A Ponte Olveira.

• Acondicionamento de accesos.

• Construción...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR