CÉDULA do 21 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012086AL-PO, incoado por infraccións en materia sanitaria.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE SANIDADE

Con data do 30 de outubro de 2012, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 2012086AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra a entidade Hebreos Pan, S.L.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Hebreos Pan, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, número 43, 1º, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novacaixagalicia), do BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR