ORDE do 16 de outubro de 2013 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyOrde

A disposición adicional sexta.4 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que, durante os cursos escolares en que non haxa os concursos de ámbito estatal a que se refire esa disposición, as diferentes administracións educativas poderán organizar procedementos de provisión referidos ao ámbito territorial cuxa xestión lles corresponda e destinados á cobertura das súas prazas, todo isto sen prexuízo de que en calquera momento poidan realizar procesos de redistribución ou de recolocación dos seus efectivos.

De conformidade co establecido no parágrafo anterior, e existindo prazas vacantes nos centros docentes e nas sedes da inspección educativa que se deben prover entre persoal funcionario dos corpos que a seguir se citan, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dispuxo convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases:

Índice.

Acreditación do coñecemento da lingua galega: base décimo primeira.2.

Adxudicación de oficio: base vixésimo sétima.

Adxudicación ordinaria: base vixésimo sexta.3.

Baremo: anexos XIV e XV.

Códigos de corpo. Base primeira.1.

Códigos de centros. Anexos I a VI.

Códigos de localidades. Anexos II a VI.

Códigos de especialidades. Anexos VII a XIII.

Comisión de avaliación: base vixésimo cuarta.

Concurso por máis dun corpo: base décimo novena.2.

Concurso por máis dunha especialidade: base décimo novena.1.

Dereito de concorrencia: base décimo oitava.

Dereito preferente a centro: base décimo cuarta.

Dereito preferente a localidade ou zona educativa: base décimo sexta.

Forma de exercer o dereito preferente a centro: base décimo quinta.

Forma de exercer o dereito preferente a localidade: base décimo sétima.

Forma de participación: base décimo novena.

Habilitacións: base trixésimo primeira.

Participación forzosa: base décimo terceira.

Participación voluntaria: base décimo segunda.

Peticións: forma de realizalas: base vixésimo terceira.

Peticións. Número máximo: base vixésimo terceira.5.

Prazas que poden solicitarse: base cuarta a base décima.

Prazo de presentación de solicitudes: base vixésimo segunda.

Presentación de solicitudes: base vixésimo primeira.

Prioridade na adxudicación de destinos: base vixésimo sexta.

Reclamacións: base vixésimo oitava.

Recursos: base vixésimo novena.

Renuncias: base vixésimo novena.

Requisitos específicos para concorrer a prazas de centros plurilingües e seccións bilingües: base décimo primeira.1.

Resolución provisional do concurso: base vixésimo quinta.

Toma de posesión: base trixésimo segunda.

Vacantes: base segunda.

Primeira. Obxecto

  1. Convócase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan nesta orde, para a provisión de prazas vacantes entre persoal funcionario docente dos corpos que a seguir se relacionan cos códigos de corpo que se indican.

    Corpo Código do corpo
    Inspectores ao servizo da administración educativa 509
    Inspectores de educación 510
    Catedráticos de ensino secundario 511
    Profesores de ensino secundario 590
    Profesores técnicos de formación profesional 591
    Catedráticos de escolas oficiais de idiomas 512
    Profesores de escolas oficiais de idiomas 592
    Profesores de música e artes escénicas 594
    Catedráticos de artes plásticas e deseño 513
    Profesores de artes plásticas e deseño 595
    Mestres de taller de artes plásticas e deseño 596
    Mestres 597
  2. Con independencia do código do corpo a que pertence o persoal funcionario, os corpos que a seguir se relacionan terán o seguinte código de participación:

    Corpo a que pertence Descrición do corpode participación
    511 Catedráticos de ensino secundario 590
    512 Catedráticos de escolas oficiais de idiomas 592
    513 Catedráticos de artes plásticas e deseño 595
    509 Inspectores ao servizo da administración educativa 555
    510 Inspectores de educación 555
  3. Este concurso rexerase polas seguintes disposicións: Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes recollidos na Lei orgánica de educación e outros procedementos de provisión de prazas que van cubrir estes, Real decreto 989/2000, do 2 de xuño, Real decreto 1284/2002, do 5 de decembro, Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario, Real decreto 336/2010, do 19 de marzo, polo que se establecen as especialidades dos corpos de catedráticos e de profesores de escolas oficiais de idiomas a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificado polo Real decreto 516/2013, do 5 de xullo,; Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, polo que se establecen as especialidades docentes do corpo de mestres que desempeñan funcións nas etapas de educación infantil e de educación primaria reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación; Real decreto 777/1998, do 30 de abril, Real decreto 1138/2002, do 31 de outubro; Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes que prestan servizos nos centros educativos que imparten ensinanzas distintas das universitarias e o cómputo da antigüidade no centro en función das causas de acceso a el; Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, accesos e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, modificado parcialmente pola Lei 2/2009, do 23 de xuño, Real decreto 1538/2003, do 5 de decembro, Decreto 99/2004, do 21 de maio, polo que se regula a organización e o funcionamento da inspección educativa e o acceso ao corpo de inspectores de educación na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

    Segunda. Vacantes que se convocan

    Ao abeiro desta orde convócanse, ademais das vacantes previstas no momento da convocatoria, as que se produzan por xubilación forzosa por facer os 70 anos de idade durante o curso académico 2013/14, as que se produzan ata o 31 de decembro de 2013, e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa, todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa ou na planificación do funcionamento da inspección educativa.

    Así mesmo, ofértanse as vacantes que resulten da resolución do concursos de traslados específicos de orientación e de adultos.

    Publicación das vacantes.

    As vacantes provisionais e definitivas dos centros e postos publicaranse no Diario Oficial de Galicia con anterioridade ás seguintes datas:

    – Vacantes provisionais: antes do 15 de decembro de 2013.

    – Vacantes definitivas: con anterioridade á apertura do prazo de reclamacións e renuncias previsto na base vixésimo oitava.

    Terceira. Participación conxunta de persoal funcionario de distintos corpos ás mesmas vacantes

    De conformidade co establecido no punto 5 da disposición adicional oitava da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e o artigo 5 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, o persoal funcionario dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficias de idiomas e de artes plásticas e deseño participará no concurso de provisión de postos conxuntamente co persoal funcionario dos corpos de profesores dos niveis correspondentes, ás mesmas vacantes, sen prexuízo dos méritos específicos que lle sexan de aplicación pola súa pertenza aos mencionados corpos de catedráticos.

    Cuarta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de inspectores de educación e de inspectores ao servizo da Administración educativa

    Os funcionarios e funcionarias pertencentes a estes corpos poderán solicitar as prazas das sedes que se relacionan no anexo I. Todas as prazas corresponderán á especialidade código 600.

    Quinta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e de profesores de ensino secundario

    O profesorado pertencente a estes corpos poderá solicitar as prazas correspondentes ás especialidades de que sexan titulares, para as localidades e os centros que figuran no anexo II desta orde, e para as especialidades que se indican no anexo VII. A petición de localidade implica que se solicitan todos os centros dela pola orde que en aparecen relacionados no anexo II.

    Sexta. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente ao corpo de profesores técnicos de formación profesional

    O profesorado pertencente a este corpo poderá solicitar as prazas correspondentes ás especialidades de que sexan titulares, para as localidades e os centros que figuran no anexo II e para as especialidades que figuran no anexo VIII. A petición de localidade implica que se solicitan todos os centros dela pola en orde en que aparecen relacionados no anexo II.

    Sétima. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente aos corpos de catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas

    O profesorado pertencente a estes corpos, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicitar as prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo IX.

    Oitava. Prazas que pode solicitar o persoal pertencente ao corpo de profesores de música e artes escénicas

    O profesorado de música e artes escénicas, de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR