Resolución do 20 de marzo de 2007 pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se declara a compatibilidade coa solicitude do permiso de investigación Tina 4894, se inclue no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico ampliación de Sil, situado nos concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos, Maceda e Xunqueira de Espadanedo (Ourense), promovido por Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A. (Expediente IN661A 04/4-3 A.T.).

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Examinado o expediente instruído por pedimento de Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A. con enderezo para os efectos de notificacións no parque empresarial Novo Milladoiro, Oliveira nº 96 B, 15895, O Milladoiro, Ames (A Coruña) sobre a autorización de instalacións do Parque Eólico Ampliación de Sil (concellos de Nogueira de Ramuín, Esgos, Maceda e Xunqueira de Espadanedo-Ourense); resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O parque eólico ampliación de Sil admitiuse a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004, mediante Resolución do 6 de maio de 2004, da Consellería de Innovación, Industria e Comercio (DOG nº 100, do 26 de maio), para unha potencia máxima de 28 MW.

Segundo.-O 28 de xuño de 2004 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto sectorial e o acollemento ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e polo Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Con data do 2 de xullo de 2004, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense solicitoulle á empresa promotora que modificase a documentación presentada, xa que a potencia que se recollía era superior á admitida a trámite.

Cuarto.-O 2 de agosto de 2004 Iberdrola presentou modificación da documentación axeitándose aos 28 MW admitidos a trámite do parque eólico ampliación de Sil.

Quinto.-Mediante Resolución do 16 de novembro de 2004, da Delegación Provincial da entón Con

sellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense, o proxecto do parque eólico ampliación de Sil someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

A devandita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de decembro de 2004, no BOP de Ourense do 3 de decembro, no xornal La Región do 28 de decembro, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Esgos, Maceda, Montederramo, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.

O citado proxecto conta coas seguintes características básicas:

Título: parque eólico ampliación de Sil.

Solicitante: Iberdrola Energías Renovables de Galicia, S.A.

Enderezo social: parque empresarial Novo Milladoiro, Oliveira nº 96 B, 15895, O Milladoiro, Ames (A Coruña).

Concellos afectados: Esgos, Maceda, Montederramo, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

Localización

(coordenadas poligonais en unidades UTM)

XY

1607.5004.694.000

2608.5004.695.000

3610.0004.694.000

4614.0004.690.000

5613.0004.689.000

6610.0004.691.000

Coordenadas dos aeroxeradores

AeroxeradoresXY

A-03609.9724.691.745

A-04609.7474.691.896

A-06609.3744.692.167

A-07609.0794.692.252

A-10608.6604.692.899

A-11608.4874.693.094

A-12608.4174.693.331

A-13608.1314.693.861

A-15607.8104.694.240

A-17608.6644.693.740

A-18608.7534.694.168

A-20608.5854.694.734

A-23609.5334.694.124

A-24609.3994.694.327

Quinto.-Mediante Resolución do 19 de abril de 2005, da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico ampliación de Sil para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléc

trico, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

A devandita resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 12 de maio de 2005, no BOP de Ourense do 12 de maio de 2005, no xornal La Región do 5 de maio de 2005, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Esgos, Maceda, Montederramo, Nogueira de Ramuín e Xunqueira de Espadanedo.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

* Con data do 13 de maio de 2005, José Antonio Blanco González, en calidade de secretario da comunidade do monte veciñal de Cacharrequille, Currás, Medón e Ratoeiras, manifesta que a parcela número 561 é a única comunal; o resto de parcelas que aparecen na relación de bens e dereitos afectados con número 3 no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR