Resolución do 31 de decembro de 2007, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de determinados postos vacantes de persoal diplomado sanitario.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

Por Resolución do 2 de agosto de 2007 (DOG nº 175, do 10 de agosto) convocouse a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de determinados postos vacantes de persoal diplomado sanitario.

De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo de actuación da Comisión de Avaliación a que se fai referencia na base quinta, e á vista dos méritos alegados e da defensa do proxecto técnico de xestión polos aspirantes, que constan nas actas da devandita comisión, esta dirección xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro.-Adxudicar os postos de traballo convocados aos aspirantes que obtiveron a maior puntuación nos termos previstos no anexo desta resolución.

Segundo.-Os profesionais nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Terceiro.-A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente xeral deste complexo hospitalario.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto.-Os aspirantes nomeados serán avaliados antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento para os efectos de prorrogar o desempeño do posto por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción do posto de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR