ORDE do 25 de abril de 2011 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2005 en virtude da cal se procedeu ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 100 (xefe de cuadrilla) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en cumprimento da Sentenza do 24 de febreiro de 2006 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número uno de Santiago de Compostela no procedemento abreviado número 72/2005 e acumulado 281/2005.

Extracto


ORDE do 25 de abril de 2011 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2005 en virtude da cal se procedeu ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na categoría 100 (xefe de cuadrilla) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, en cumprimento da Sentenza do 24 de febreiro de 2006 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número uno de Santiago de Compostela no procedemento abreviado número 72/2005 e acumulado 281/2005.

En virtude da Orde do 21 de xaneiro de 2011 (DOG número 18, do 27 de xaneiro), ditada en execución da sentenza de 24 de febreiro de 2006 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, esta consellería anulou o nomeamento dos aspirantes relacionados no anexo I por non estar en posesión ou en condicións de obter algunha das titulacións que recollen as letras a) e b) do anexo III da Orde de 22 de novembro de 2004, dentro dos prazos que nela se sinalan.

Non obstante, co obxecto de manter a continuidade na prestación dos servizos e evitar as vacantes que nos correspondentes cadros de persoal se producirían ata o nomeamento dos novos aspirantes, deferíronse os efectos da dita anulación.

Realizada a totalidade dos tramites precisos, e estando en disposición de nomear os aspirantes que, tendo en conta a declaración de nulidade da alínea c) do anexo III da Orde de 22 de novembro de 2004, superaron o proceso selectivo en execución da dita sentenza, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Deixar sen efecto o nomeamento como persoal laboral fixo da categoría 100 (xefe de cuadrilla) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia dos aspirantes relacionados no anexo I desta Orde, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; o que conleva a perda de todos os dereitos derivados do dito nomeamento.

Nese mesmo día, as persoas relacionadas na alínea a) do anexo I deberán cesar no posto que desempeñan, expedindo o órgano competente a oportuna dilixencia.

De entre as persoas cuxo nomeamento se anula, as incluídas na alínea a) do anexo I, que están vinculadas a Xunta de Galicia noutra categoría profesional por un contrato laboral fixo, poderán tomar posesión do posto que teñan adxudicado nela.

Respecto da persoa incluída na alinea b) do anexo I, que non está vinculada á Xunta de Galicia noutra categoría profesional por un contrato laboral fixo, a consellería en que presta servizos seguirá o procedemento establecido no artigo 53 do Real decreto lexislativo 1/2005, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do estatuto dos traballadores para a extinción da relación laboral pola causa prevista no artigo 52.c.

Segundo.-Nomear persoal laboral fixo da Xunta de Galicia os aspirantes que superan o proceso selectivo para acceso a categoría 100 do grupo III en execución da sentenza do 24 de febreiro de 2006 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela que figuran no anexo II.

Para adquirir a condición de persoal laboral fixo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo.

Terceiro.-Adxudicar os destino definitivos que figuran no anexo III aos aspirantes que superan o proceso selectivo para o acceso á categoría 100 do grupo III, así como a aqueles que viron alterada a súa orde de prelación, en virtude da sentenza que se executa, de acordo co acto de elección de posto de traballo realizado o 6 de abril deste ano.

Os/as aspirantes que superan o proceso selectivo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, segundo o previsto no artigo 13 do convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Os/as aspirantes que viron alterada a súa orde de prelación e cambian de destino deberán cesar no seu posto de traballo no prazo de tres días a contar desde a publicación desta orde. O prazo para tomar posesión do novo posto de traballo será de tres días a partir do seguinte ao cese no anterior posto, se o destino do novo posto non implica cambio de residencia habitual, ou dun mes se implica o dito cambio.

Os prazos sinalados comezarán a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Conservar os nomeamentos e, de ser o caso, os destinos definitivos dos aspirantes que figuran na Orde de 4 de xullo de 2005 que non se ven afectados pola sentenza que se executa.

Quinto.-Modificar a Orde do 4 de xullo de 20...

Ver o contido completo deste documento

Enlaces patrocinados




ver las páginas en versión mobile | web

ver las páginas en versión mobile | web

© Copyright 2012, vLex. Todos os Dereitos Reservados.

Contidos en vLex España

Explora vLex

Para profesionais

Para Socios

Compañía