Anuncio das bases xerais e específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á oferta de emprego público do ano 2008.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONCELLO DE VIGO
Rango de LeyAnuncio

No uso das facultades que me confire o artigo 41º do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, ordeno a publicación das bases xerais e específicas para cubrir vacantes existentes no cadro de persoal municipal, aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesións do 28 de maio, 5 de agosto e 24 de setembro de 2010.

Bases xerais:

  1. Persoal funcionario:

    Primeira.-Obxecto do anuncio.

    É obxecto deste anuncio a provisión en propiedade de prazas de funcionarios/as de carreira, vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo do ano 2008, incluídas na oferta de emprego público publicada no BOP do 10 de febreiro e no DOG do 19 de febreiro de 2009, e que comprende a cobertura das seguintes prazas de persoal funcionario:

    Técnico/a de Administración xeral: 3 prazas.

    Administrativo/a de Administración xeral: 17 prazas.

    Auxiliar de Administración xeral: 17 prazas.

    Subalternos: 11 prazas.

    Alguacil: 1 praza.

    Técnico/a de sistemas: 1 praza.

    Técnico/a superior de arquivos: 1 praza.

    Técnico/a xestión: 2 prazas.

    Técnico/a medio servizos económicos: 1 praza.

    Técnico/a prevención riscos laborais: 1 praza.

    Enxeñeiro/a técnico/a industrial: 1 praza.

    Enxeñeiro/a técnico/a obras públicas: 1 praza.

    Técnico/a auxiliar bibliotecas: 1 praza.

    Programador/a informática: 1 praza.

    Técnico/a auxiliar seguridade: 3 prazas.

    Operador/a informática: 1 praza.

    Inspector/a auxiliar medio ambiente: 1 praza.

    Intendente policía local: 2 prazas.

    Policía: 25 prazas.

    Bombeiro: 10 prazas.

    Condutor-bombeiro: 7 prazas.

    Segunda.-Natureza e características.

    En cada convocatoria específica indicaranse as prazas que se reservan para quendas distintas da libre (promoción interna ou cota de discapacidade).

    Terceira.-Publicidade das convocatorias.

    Estas bases xerais e específicas publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Vigo, sen prexuízo da publicación do seu anuncio nos diarios e boletíns oficiais en que proceda, na prensa local e na páxina web municipal: www.vigo.org

    Cuarta.-Condicións xerais dos/das aspirantes.

    Para seren admitidos/as á realización das probas selectivas, de conformidade co establecido no artigo 56º da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, as/os candidatos que desexen participar no proceso selectivo deberán posuír o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión, ademais dos que se establezan nas respectivas bases específicas para cada unha das prazas convocadas, os seguintes requisitos:

    1. Ter nacionalidade española ou estar comprendido no eido de aplicación do artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

    2. Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade establecida como máxima para o ingreso nun corpo ou escala, así como non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

    3. Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación das instancias para tomar parte nas probas selectivas.

    4. No caso de equivalencia ou homologación, deberá xustificarse con certificado expedido polo organismo competente para establecelas e expedilas.

    5. Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con discapacidade en igualdade de condicións ca os demais aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro.

      As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas agás que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

      Nesta oferta de emprego resérvase un 5% das vacantes para seren cubertas entre persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%. A opción a estas prazas reservadas deberá formularse na solicitude de participación nas convocatorias, coa achega de declaración expresa das persoas interesadas de reuniren o grao de discapacidade requirido, acreditado mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ou, de ser o caso, da comunidade autónoma. Na propia solicitude, o/a interesado/a deberá reflectir as necesidades específicas que teña para acceder ao proceso selectivo en igualdade de condicións ca o resto dos aspirantes. Igualmente deberá acreditarse, mediante certificado expedido para o efecto polos órganos competentes, a compatibilidade do grao de discapacidade co posto de traballo a que se solicita concorrer.

      En todo caso, para o desenvolvemento do proceso selectivo con plena garantía do dereito de acceso á función pública en condicións de igualdade observarase o disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regulan o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como a normativa vixente en materia de función pública de concordante aplicación.

      Para resolver, os órganos de selección poderán requirir informe e, de ser o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

    6. Non estar separado/a do servizo en ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

    7. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

    8. Xustificante de ter ingresado a taxa para participar nos procedementos de selección e promoción de persoal.

      O ingreso da taxa exixirase en réxime de autoliquidación, utilizando o impreso normalizado que se poderá obter telematicamente, a través da páxina web do Concello de Vigo (https://cdixital.vigo.org/expedientes/ formularios/autoliq_oposicions.jsp), ou ben presencialmente na Oficina de Información do Concello de Vigo situada na planta baixa da casa do concello.

      Unha vez obtido o impreso de autoliquidación, os/as interesados/as deberán ingresar o importe que corresponda, que se poderá realizar telematicamente ou en calquera entidade de depósito autorizada (a práctica totalidade destas).

      Para estes efectos, as cantidades establecidas na vixente ordenanza son as seguintes:

      Prazas integradas no grupo A, subgrupos A1 e A2: 32,40 euros.

      Prazas integradas no grupo C, subgrupos C1 e C2: 18,15 euros.

      Prazas integradas no subgrupo transitorio E: 18,15 euros.

    9. Calquera outro requisito que se fixe nas bases específicas de cada convocatoria.

      No caso de que se trate de funcionarios/as de carreira deste concello, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título exixido para o acceso á praza e certificado expedido de oficio, no cal se faga constar que o/a interesado/a cumpre as condicións para participar exixidas na convocatoria e, en todo caso, carta de pagamento dos dereitos de exame.

      Todos os requisitos anteriores deberán terse no momento de rematar o prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

      Quinta.-Forma de presentación da documentación que cómpre achegar para a fase de concurso.

      No suposto da promoción interna, e cando o sistema de selección sexa o de concurso-oposición, os/as aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude, e en todo caso antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo, a través de orixinal ou copia compulsada, xunto cunha vida laboral actualizada expedida pola Administración da Seguridade Social, onde consten os períodos alegados como a experiencia profesional.

      Para a xustificación dos méritos, o/a aspirante que deba achegar documentación procedente doutros organismos oficiais que non lla tivesen facilitado antes da finalización do prazo de presentación de instancias deberá achegar, no dito prazo, a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración, e comprometerse a presentala nos dous días seguintes a aquel en que lle fose expedida. En todo caso, non procederá a súa valoración se non fose presentada antes da data da sesión de valoración do concurso.

      O órgano de selección poderá solicitar que se complete ou aclare a documentación presentada para xustificar os méritos alegados, pero non pedir nova documentación para acreditar méritos só alegados.

      Como excepción, se o mérito que se alega é ter prestado servizos no Concello de Vigo, bastará con facelo constar en declaración xurada que se presentará xunto coa solicitude e na cal figure a data ou datas de inicio e finalización dos servizos ao concello, e ao departamento, servizo ou unidade en que se prestaron.

      No caso contrario, deberase achegar a correspondente certificación dos servizos prestados por parte do/a aspirante.

      Sexta.-Presentación de solicitudes.

      As instancias dirixiranse ao alcalde presidente do Concello de Vigo, e presentaranse no rexistro xeral no prazo dos vinte (20) días naturais a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no BOE para persoal funcionario, e anuncio da convocatoria no BOP para persoal laboral e promoción interna. A instancia conterá, polo menos, os datos persoais do/da solicitante, enderezo, número de teléfono fixo/móbil, enderezo de correo electrónico e a denominación da praza convocada á cal opta, xunto cunha copia compulsada do DNI e xustificación do pagamento dos dereitos de exame.

      Os modelos normalizados de solicitude estarán á disposición das/dos solicitantes no Servizo de Información sito na planta baixa da Casa do Concello de Vigo e na páxina web municipal www.vigo.org

      Así mesmo, tamén se poderán presentar nas demais formas que determina o artigo 38º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

      As solicitudes subscritas por...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR