Resolución do 8 de xullo de 2009, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se modifica a Resolución do 18 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorSERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Rango de LeyResolución

Por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), convocouse concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Entre os exercicios da fase de oposición que se establecen no anexo III da devandita resolución, figura un exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, inclusive), que de conformidade co establecido no artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, se realizaría exclusivamente en lingua galega.

Por outra banda, e respecto ao exercicio de coñecemento da lingua galega, non se establece a exención da súa realización para os aspirantes que estean en posesión dos cursos de coñecemento da lingua galega.

A Lei 2/2009, do 23 de xuño, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, modifica a redacción do devandito artigo 35 e na disposición transitoria única establécese a aplicación da liberdade de elección de lingua galega e de lingua castelá nos procesos selectivos en curso respecto dos exercicios que aínda non estean realizados.

De conformidade co anterior, e tendo en conta que a realización dos exercicios da fase de oposición para o ingreso nas citadas categorías está prevista a partir do vindeiro mes de outubro, procede adaptar a devandita resolución á nova redacción do artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, antes citado.

Este centro directivo, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro.-Modificar a base sétima da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, que terá a seguinte redacción:

  1. Para o acceso a todas as categorías convocadas, os/as aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos/as de contestar as preguntas sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive).

  2. Ademais, para o acceso ás categorías do grupo técnico e grupo de xestión da función administrativa, os/as aspirantes que pertenzan a unha categoría da función administrativa do grupo de clasificación inmediatamente inferior ao da categoría a que aspiran estarán exentos/as de realizar o terceiro exercicio de desenvolvemento de temas.

  3. Así mesmo, os/as aspirantes que pertenzan á categoría do grupo auxiliar da función administrativa e aspiren a acceder á categoría de persoal de servizos xerais, así como aqueles/as que pertenzan á categoría de persoal de servizos xerais que aspiren a acceder á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, estarán exentos/as de realizar o segundo exercicio de contido práctico co ordenador.

  4. Igualmente, para o acceso a categorías de diplomados/as sanitarios/as (ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a e terapeuta ocupacional), os/as aspirantes que pertenzan a unha categoría de diplomado/a sanitario/a estarán exentos/as de contestar as preguntas relativas aos temas do nove ao dezaoito do programa, ambos inclusive.

  5. Para determinar a orde de prelación entre os/as aspirantes da quenda de promoción interna de todas as categorías convocadas, excepto as de diplomados/as sanitarios/as, só se terán en conta as puntuacións dos exercicios comúns para todas as quendas de acceso así como a puntuación do correspondente baremo. Para as categorías de diplomados/as sanitarios/as só se terán en conta as puntuacións da segunda e terceira parte do primeiro exercicio así como a puntuación do correspondente baremo.

  6. O persoal seleccionado pola quenda de promoción interna terá preferencia para a elección de prazas respecto ao persoal seleccionado polas demais quendas, sen prexuízo do establecido no número sete da base oitava, respecto das persoas con discapacidade.

    Segundo.-Modificar o anexo III da devandita resolución, que terá a seguinte redacción:

    ANEXO III

    *Exercicios para todas as categorías: (excepto grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, enfermeiro/a de saúde mental, fisioterapeuta, logopeda, matrón/a, terapeuta ocupacional, grupo administrativo da función administrativa, cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais).

    1. Exercicio: (eliminatorio):

    Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 150 minutos:

  7. Contestación por escrito de cincuenta preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis cinco preguntas de reserva, sobre o contido da parte específica do programa.

  8. Contestación por escrito de cincuenta preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

    Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

    As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas cun cuarto do valor asignado á contestación correcta.

    Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50% do seu valor deste.

    1. Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

      Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de dez preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis dúas preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos, de cuxa contestación estarán exentos os/as aspirantes de promoción interna.

      Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

      As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas cun cuarto do valor asignado á contestación correcta.

    2. Exercicio (obrigatorio e non eliminatorio):

      Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de dez preguntas tipo test con catro respostas alternativas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR