DECRETO 175/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade da estrada AC-118 (1,825 km) e da AC-119 (2,623 km) a prol do Concello das Pontes de García Rodríguez.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS
Rango de LeyDecreto

A teor do previsto no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da Comunidade Autónoma e das entidades locais deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada lei de estradas dispón, no artigo 54, que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se lles entregarán aos respectivos concellos. O expediente promoverase por proposta do concello ou da Administración titular da estrada e será resolto polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas, logo de informe de ambos os dous organismos.

O Concello das Pontes de García Rodríguez solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o cambio de titularidade da estrada AC-118, cunha lonxitude de 1,825 km, que discorre desde a intersección coa AC-861, diante do tanatorio, ata a intersección coa AC-105, na glorieta da Casilla, atravesando toda a zona urbana e abarcando completamente a avenida de Galicia e a avenida do Poboado das Veigas, así como a estrada AC-119, cunha lonxitude de 2,623 km, que discorre desde a intersección coa AC-118, na praza do Hospital, ata a intersección coa AC-101, no lugar do Brixeo, atravesando toda a zona urbana e abarcando completamente a avenida de Castelao, a avenida de Ortigueira e a avenida das Campeiras.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade da estrada AC-118 desde a intersección coa AC-861 ata a intersección coa AC-105, cunha lonxitude de 1,825 km, e da estrada AC-119 desde a intersección coa AC-118 ata a intersección coa AC-101, cunha lonxitude de 2,623 km, a prol do Concello das Pontes de García Rodríguez.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e un de novembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo 1

Apróbase o cambio de titularidade a prol do Concello das Pontes de García Rodríguez das estradas:

– AC-118 desde a intersección coa AC-861 ata a intersección...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR