Resolución do 14 de abril de 2011 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba a reorganización do seu persoal directivo.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorINSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Rango de LeyResolución

De acordo co previsto na Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, o Consello de Dirección do Instituto nas súas xuntanzas do 2 de decembro de 2010 e do 1 de abril de 2011 acordou a reorganización do seu persoal directivo nos seguintes termos:

  1. Órganos superiores de dirección.

    Para o desenvolvemento das funcións que o Igape ten encomendadas e recollidas no artigo 4º da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do instituto, conta cos seguintes órganos superiores:

    1.1. O/a presidente/a.

    1.2. O/a director/a xeral.

    1.1. Ao/Á presidente/a que será, por razón do seu cargo, o/a conselleiro/a de Economía e Industria, correspóndelle a representación do Igape en toda clase de actos ou negocios xurídicos e exercerá no seu nome accións e recursos e demais competencias que se lle asignan na precitada Lei 5/1992 no seu artigo 11º.

    1.2. Ao/Á director/a xeral, que será nomeado/a polo Consello de Dirección, por proposta do/a conselleiro/a, correspóndelle exercer as competencias que se establecen no artigo 12º da Lei 5/1992 e as que lle sexan expresamente delegadas polo/a presidente/a ou polo Consello de Dirección.

  2. Persoal directivo.

    O Instituto Galego de Promoción Económica estrutúrase nos seguintes órganos directivos:

    2.1. Secretaría Xeral.

    2.2. Área de Financiamento.

    2.3. Área de Competitividade.

    2.4. Área de Internacionalización Galicia@world.

    2.5. Área de Desenvolvemento Territorial.

    De acordo coas ás directrices, criterios e instrucións directas que emanen dos órganos superiores do instituto e baixo a dependencia orgánica do/a director/a xeral e funcional do/a secretario/a xeral, as áreas en que se estrutura o Igape terán a estrutura organizativa que se prevé a continuación:

    As áreas son agrupacións de unidades organizativas de menor nivel, como subdireccións ou oficinas. Este agrupamento é necesario para facer razoable o tramo de control dos responsables da dirección do instituto. Á fronte de cada área hai sempre un/unha director/a, que xunto ao/á director/a xeral e ao/á secretario/a xeral constitúen o Comité de Dirección do Igape. Os/as directores/as de área dependen organicamente do/a director/a xeral e funcionalmente do/a secretario/a xeral.

    As subdireccións son unidades organizativas con funcións ben definidas que, a diferenza das oficinas -que enfocan a súa actividade, fundamentalmente, á prestación de servizos dirixidos a unha pluralidade de destinatarios (empresas, asociacións empresariais, clústers, AEI etc., no exterior do Igape- están orientadas ao funcionamento interno e mantemento do instituto ou á xestión de apoios financeiros ao tecido empresarial. Á fronte dunha subdirección hai un/unha subdirector/a, en dependencia orgánica dun/dunha director/a de área ou do/a secretario/a xeral.

    As oficinas competitivas e de internacionalización constitúen unidades organizativas responsables de desenvolver unha carteira de servizos que apoien, fomenten e faciliten a competitividade, innovación e internacionalización das empresas galegas, asociacións empresariais, clústers, AEI, e demais operadores económicos galegos, co fin de lograr os obxectivos estratéxicos do instituto. Á fronte dunha oficina hai sempre un/unha xerente, en dependencia orgánica dun/dunha director/a de área.

    Distinguimos entre oficinas competitivas e de internacionalización atendendo á súa misión. As primeiras perseguen mellorar a competitividade das empresas galegas, mentres que as segundas auxilian o empresariado galego na súa procura de mercados internacionais e a economía galega na súa busca de investimentos produtivos estranxeiros. Así mesmo, as oficinas competitivas e de internacionalización:

    1. Requiren unha xestión mínima e centrada nos aspectos promocionais do instituto,

    2. Compóñense de recursos humanos de perfil homoxéneo, orientados á comunicación, o que facilita a tarefa de xestión dos mandos,

    3. Teñen unha vocación de especialización temática na súa área de competencias.

  3. Estrutura funcional do Igape.

    En canto á estrutura funcional do Igape, clasifícanse as funcións das diferentes áreas, subdireccións e oficinas en catro categorías:

    1. Funcións construtivas,

    2. Funcións produtivas,

    3. Funcións rexenerativas,

    4. Funcións de apoio.

      Funcións construtivas.

      Son funcións de carácter eventual pero necesarias para a constitución de novas unidades organizativas e para a súa posta en funcionamento. Cabe destacar:

    5. A formación en competencias do equipo humano asignado,

    6. O deseño e redeseño do catálogo de servizos prestados,

    7. A participación no deseño dos procedementos específicos de traballo,

    8. A creación dun banco de provedores de servizos,

    9. A contratación de provedores de servizos ou axentes,

    10. etc.

      Funcións produtivas.

      As unidades organizativas do instituto desenvolven as seguintes actividades produtivas no seu ciclo diario:

    11. Planificación estratéxica e operativa da súa área de competencias,

    12. Execución dos servizos ofrecidos,

    13. Xestión da base de provedores de servizos externos con que se operará,

    14. Xestión do ciclo de vida das solicitudes de servizos, axuda, aval ou préstamo.

      Ademais, as oficinas competitivas ou internacionais teñen funcións produtivas específicas, vinculadas coa súa actividade relacionada co tecido empresarial:

    15. Promoción das súas actividades, servizos e axudas ao tecido empresarial.

    16. Recrutamento de novas empresas interesadas en consumir axudas e servizos.

      Queda fóra da competencia das oficinas a xestión da liquidación de expedientes e a execución e planificación de servizos comúns do Igape.

      Funcións rexenerativas.

      Son funcións eventuais, pero cruciais para manter actualizada a oferta de servizos e axudas ao empresariado. As máis destacadas son:

    17. Identificación e deseño de novos produtos (servizos) de valor,

    18. Identificación e apoio á negociación para a derivación de novas fontes de axuda europeas e nacionais na súa esfera temática.

      Funcións de apoio.

      As unidades organizativas colaboran co resto de unidades do Igape do seguinte xeito:

    19. Potenciando e xestionando programas de apoio doutras administracións e institucións públicas que poidan axudar á implantación de investimento produtivo no territorio galego,

    20. Colaborando coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación,

    21. Coordinándose para a rexeneración do catálogo de servizos do instituto,

    22. Prestando axuda directa ao Gabinete de Comunicación do Igape,

    23. Prestando axuda temática ou sectorial á Secretaría Xeral,

    24. De xeito xeral, calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

      A continuación preséntanse as funcións da Dirección Xeral, das áreas, subdireccións e oficinas.

      3.1. Dirección Xeral.

      A Área de Dirección ten por misión deseñar e dirixir a estratexia do instituto na súa procura de mellora da economía de Galicia.

      3.2. Secretaría Xeral.

      Esta área ten por misión asegurar o funcionamento operativo dos servizos do instituto, incluíndo as actividades de deseño operacional, promoción do bo uso, desenvolvemento ou implantación de sistemas, seguimento e control dos procedementos operativos do instituto. Ademais, a Secretaría Xeral engloba os servizos centrais ou comúns do instituto, como os xurídicos, económico-financeiros, recursos humanos, calidade, informática, vixilancia competitiva e os de información especializada.

      Para o desenvolvemento das súas funcións, a Secretaría Xeral estrutúrase nas seguintes subdireccións e unidades:

    25. Subdirección de Xestión Económica e Financeira.

    26. Subdirección de Servizos Xurídicos.

    27. Subdirección de Información Especializada.

    28. Subdirección de Liquidación.

    29. Subdirección de RR.HH. e Vixilancia Competitiva.

    30. Unidade de soporte á Secretaría.

      3.2.1. Subdirección de Xestión Económica e Financeira.

      Esta subdirección ten por misión prestarlle ao instituto servizos internos de xestión e control económico e financeiro.

      3.2.1.1. Funcións produtivas.

    31. Elaborar o anteproxecto de orzamentos do instituto e as correspondentes programacións plurianuais.

    32. Informar e instrumentar as modificacións orzamentarias que resulten.

    33. Facer o seguimento e control da xestión orzamentaria, propoñendo os axustes orzamentarios que resulten necesarios para garantir unha xestión equilibrada do instituto.

    34. Xestionar a materialización dos ingresos do instituto.

    35. Elaborar e xestionar o orzamento de tesouraría.

    36. Elaborar as contas anuais e toda clase de operacións contables do instituto.

    37. Elaborar estatísticas e informes de seguimento da xestión económico-financeira do Igape.

    38. Deseñar e xestionar os indicadores de xestión e do cadro de mando do Igape.

    39. Controlar e seguir os obxectivos establecidos pola dirección a través dos indicadores do cadro de mando de cada área.

    40. Realizar todas as actuacións dirixidas á contratación dos bens e servizos necesarios para o funcionamento e o mantemento das instalacións.

      3.2.1.2. Funcións rexenerativas.

    41. Propoñer novas iniciativas que, tanto en materia de axudas, como de prestación de servizos, e no ámbito de competencias asignadas ao Igape, amplíen ou melloren o marco de actividades que desenvolve o instituto, en función do seu coñecemento das necesidades e inquietudes dos distintos axentes económicos.

      3.2.1.3. Funcións de apoio.

    42. Colaborar coas distintas unidades operativas do instituto en tarefas de coordinación e aliñamento de obxectivos e estratexias de actuación.

    43. Finalmente, de xeito xeral, realizar calquera outra función relacionada coa área de traballo que lle sexa encomendada polos/as superiores no ámbito das súas competencias.

      3.2.2. Subdirección de Servizos Xurídicos.

      Esta subdirección ten por misión prestarlle ao instituto servizos internos de apoio e supervisión xurídica.

      3.2.2.1. Funcións produtivas.

    44. Exercer o asesoramento xurídico do instituto.

    45. Elaborar, refundir e modificar as propostas de regulación normativa que lle correspondan ao instituto, ben por iniciativa das áreas de...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR