ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2013/14 ao persoal do corpo de mestres que non teña destino definitivo, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2013 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres, e ao que solicite o reingreso no servizo activo.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Rango de LeyOrde

Coa finalidade de adxudicar destino provisional para o curso académico 2013/14 ao persoal do corpo de mestres sen destino definitivo, ao persoal do corpo de mestres desprazado por falta de horario e ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira, por motivos de saúde e por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal opositor do ano 2013 e ao persoal interino ou substituto do corpo de mestres e ao que solicite o reingreso no servizo activo, convócase o presente concurso coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente orde, para a provisión de necesidades de profesorado para o curso académico 2013/14 nos centros que se relacionan no anexo desta orde, entre o persoal do corpo de mestres que está obrigado a participar, conforme o previsto na base segunda desta orde.

Segunda. Obrigatoriedade de participación

Está obrigado a participar neste concurso:

  1. O profesorado desprazado por falta de horario e o profesorado suprimido. Considérase que un profesor ou profesora non ten horario no seu centro cando non dispón de ningunha hora da súa especialidade ou dispón de menos de cinco horas e estas poden ser asumidas por outro profesor do centro.

  2. O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razóns de saúde, pola situación persoal do propio docente.

  3. O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razóns da saúde, pola situación persoal dun familiar.

  4. O profesorado que teña que reincorporarse á Comunidade Autónoma procedente do estranxeiro.

  5. O profesorado que teña dereito a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleiro ou concelleira.

  6. O profesorado que teña concedida unha comisión de servizos por razón de conciliación da vida familiar e laboral.

  7. O persoal do corpo de mestres en situación de expectativa de destino que non obtivo o primeiro destino definitivo, que se ordenará por anos de realización do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

  8. O profesorado que solicite o reingreso ao servizo activo con efectividade do inicio do curso académico 2013/14.

  9. As opositoras e opositores que superen o procedemento selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013, pola orde obtida no procedemento selectivo, en virtude das relacións publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  10. O profesorado interino e substituto, pola mesma orde en que participou ou pola que tiña dereito a participar na elección de destino no último curso, sempre e cando non renunciasen a unha interinidade ou substitución que lles fose ofertada ou que, aínda tendo renunciado, se acollesen ao previsto no punto décimo cuarto da Resolución do 10 de maio de 2010, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do texto refundido do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    O persoal docente que solicitara unha comisión de servizos por razón de conciliación familiar e laboral non poderá efectuar unha nova petición de prazas, e utilizarase a súa instancia de comisión de servizos para a adxudicación de praza. O persoal docente que solicitara unha comisión de servizos por razón de saúde e sexa profesor ou profesora en expectativa de destino, interino ou substituto poderá efectuar unha nova solicitude por esa condición. No suposto de non obter destino pola solicitude presentada para a comisión de servizos por razón de saúde será obxecto de tratamento informático nesta resolución a nova instancia, se é o caso, presentada.

    Terceira. Desprazados por falta de horario

    Estará obrigado a participar neste concurso, nas especialidades para as cales estea habilitado, e as prazas da súa localidade ou zona educativa:

    1. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, tendo destino definitivo, deba ser desprazado por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2013/14.

    2. Quedará exento de participar obrigatoriamente polo punto 1 desta base o persoal do corpo de mestres que participe polo punto cuarto.

    3. Ao persoal funcionario de carreira do corpo de mestres desprazado por falta de horario que non participe neste concurso a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adxudicaralle de oficio destino provisional para o curso académico 2013/14 nun centro da localidade ou zona educativa en que está destinado definitivamente, preferentemente nas especialidades de que é titular.

    4. Poderá participar voluntariamente neste concurso, a prazas da especialidades para a que estea habilitado, e da localidade ou localidades que elixa, o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, tendo destino definitivo, poida ser desprazado por falta de horario no seu centro de destino, no curso académico 2013/14.

    5. A inspección educativa comunicaralles aos centros educativos e ao persoal interesado, incluído o dos centros públicos integrados e institutos de educación secundaria, con anterioridade ao 20 de xuño de 2013, o número de mestras e mestres e de que especialidade non van ter horario no próximo curso académico. Ademais, a Inspección educativa remitirá copia desta información á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

    6. Na adxudicación do persoal desprazado por falta de horario terá dereito preferente o persoal desprazado da localidade, desempatando a maior antigüidade no corpo, a maior antigüidade no centro e a maior puntuación no proceso selectivo polo cal acceden ao corpo, sucesivamente. Estes criterios aplicaranse tamén entre estes participantes que non exerzan o dereito preferente. O persoal do corpo de mestres desprazado por falta de horario participará obrigatoriamente no próximo concurso de traslados que se convoque cos dereitos outorgados ao profesorado suprimido, sen prexuízo das prioridades establecidas nos artigos 16 e 17 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, polo que se regula o concurso de traslados de ámbito estatal entre persoal funcionario dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e outros procedementos de provisión de prazas para cubrir por eles.

    Cuarta. Prazas que se poden solicitar

    O persoal do corpo de mestres poderá solicitar as seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

  11. As correspondentes ás especialidades para as que estea habilitado, para os centros e localidades que figuran no anexo desta orde. Os códigos das especialidades son os seguintes:

    Código Especialidade
    31 Educación infantil
    32 Filoloxía e lingua estranxeira: inglés
    33 Filoloxía e lingua estranxeira: francés
    34 Educación física
    35 Educación musical
    36 Pedagoxía terapéutica
    37 Audición e linguaxe
    38 Educación primaria
    60 Pedagoxía terapéutica, ESO
    61 Audición e linguaxe, ESO
    63 Prazas de PT e lecer nas escolas fogar ou CEE
    64 Prazas de EP e lecer nas escolas fogar ou CEE
  12. Ademais, poderá solicitar as vacantes dos departamentos de orientación (código 39) o persoal do corpo de mestres que estea en posesión da titulación de Psicopedagoxía, ou Pedagoxía, ou en Psicoloxía, ou en Filosofía e Ciencias da Educación (especialidades de Psicoloxía ou Ciencias da Educación) ou en Filosofía e Letras (especialidades de Pedagoxía ou Psicoloxía), conforme prescribe o artigo 4.a) do Decreto 120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

  13. De acordo co preceptuado na disposición transitoria primeira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o persoal do corpo de mestres que en 24 de maio de 2006 tivese destino definitivo nunha praza do primeiro e segundo cursos da educación secundaria obrigatoria poderá solicitar, ademais, as prazas correspondentes ás especialidades para as cales estea habilitado, para os centros públicos integrados e institutos de educación secundaria que figuran no anexo desta resolución e para as especialidades:

    Código Especialidade
    21 Ciencias sociais-Xeografía e historia
    22 Ciencias da natureza
    23 Matemáticas
    24 Lingua castelá
    25 Filoloxía e lingua estranxeira: inglés
    26 Filoloxía e lingua estranxeira: francés
    27 Educación física
    28 Educación musical
    67 Lingua galega

    Ademais, o profesorado das especialidades de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe poderán solicitar, en calquera caso, as especialidades 60 ou 61, respectivamente. As especialidades 60 e 61 non se considera que impartan o primeiro e segundo curso da educación secundaria obrigatoria para os efectos correspondentes.

  14. As opositoras e opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 23 de marzo de 2013 unicamente poderán solicitar prazas da especialidade pola cal acceden e dos departamentos de orientación.

  15. O persoal do corpo de mestres interino e substituto unicamente poderá solicitar prazas da especialidade correspondente á lista en que figura e de primaria, sempre que accedese á primeira interinidade ou substitución con anterioridade ao 31 de agosto de 2008.

  16. O persoal do corpo de mestres interino e substituto que accedese á primeira interinidade ou substitución con posterioridade ao 31 de agosto de 2008 unicamente poderá solicitar prazas da especialidade ou especialidades correspondentes á lista ou listas en que figura, en aplicación do previsto no punto cuarto da Addenda ao acordo do vinte de xuño de mil novecentos noventa e cinco, asinada o vinte e sete de abril de dous mil dez. Efectuarán unha solicitude por cada especialidade, sen prexuízo de que poidan renunciar á solicitude dalgunha especialidade durante o prazo de reclamacións á resolución provisional establecido na base vixésimo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR