Resolución do 26 de marzo de 2010 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Rango de LeyResolución

Esta reitoría, en exercicio das competencias atribuídas polos artigos 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, reformada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante LOU), e 87 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (no sucesivo EUSC), conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, resolve convocar os correspondentes concursos de acceso ás prazas de corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo I desta resolución, con suxeición ás seguintes bases:

  1. Normas xerais.

    1.1. Estes concursos rexeranse polo disposto na LOU e nos reais decretos 1312/2007 e 1313/2007, do 5 de outubro, que regulan, respectivamente, a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a eles. Ademais, regularanse polo disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (en diante LRX-PAC), nos EUSC, na normativa provisoria pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios, aprobada por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 11 de febreiro de 2009, por estas bases de convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

    1.2. Esta convocatoria comprende o concurso independente de cada unha das prazas convocadas.

  2. Requisitos dos candidatos.

    2.1. Para participar nestas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

    1. Ser español ou, consonte o disposto no artigo 57 do Estatuto do empregado público (Lei 7/2007, do 12 de abril, BOE do 13 de abril) e no artigo 89 e na disposición adicional décimo primeira da LOU, ser nacional de estados membros da Unión Europea que terán o mesmo tratamento que os nacionais españois. Este mesmo criterio será de aplicación:

      -Aos nacionais daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se atopa definida no Tratado constitutivo da Unión Europea.

      -Ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, así como aos seus descendentes e aos do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito e sexan menores de 21 anos ou maiores desta idade e vivan ás súas expensas.

      -Esta última extensión do beneficio será igualmente aplicable aos nacionais de terceiros estados non membros da Unión Europea cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

    2. Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á función pública.

    3. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño das funcións públicas por sentenza xudicial firme. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española, ademais, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

    4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes á praza.

    5. Estar en posesión da acreditación pertinente para o corpo de que se trate, consonte o establecido no Real decreto 1312/2007, cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do Real decreto 1313/2007 e, no caso de ser funcionario, non estar incurso na prohibición do punto 4 do artigo 9 deste real decreto. Para concursar ás prazas de corpos docentes vinculadas a prazas asistenciais de institucións sanitarias, os concursantes deberán estar en posesión do título oficial de especialista que corresponda á praza.

      Os acreditados que sexan nacionais doutros estados non membros da Unión Europea poderán tomar parte nos concursos de acceso e, de ser o caso, acceder á función publica cando o Estado da súa nacionalidade recoñeza aptitude legal aos españois para ocupar na docencia universitaria posicións análogas ás dos funcionarios docentes na universidade española.

    6. Acreditar, unha vez nomeados funcionarios, ben a través da comisión de selección ou documentalmente, un nivel de coñecemento da lingua galega equivalente ao Celga 3 e do español equivalente ao nivel B2. De non ser así, a persoa nomeada funcionaria deberá realizar un curso de coñecemento da(s) lingua(s) organizado pola propia universidade.

      2.2. A posesión dos requisitos establecidos nesta base, salvo os da letra f), estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter, polo menos, ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

  3. Solicitudes.

    3.1. A solicitude para participar nestas probas selectivas axustarase ao modelo aprobado oficialmente pola Vicerreitoría de Profesorado e Organización Académica, que está publicado no sitio web http://www1.usc.es/webvprof/acreditados/. O aspirante deberá consignar na solicitude o seu domicilio e o seu enderezo de correo electrónico, e será preferentemente a este último/a onde a USC enviará as notificacións.

    As persoas que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas.

    Ademais, será requisito imprescindible para participar no proceso que os aspirantes, no acto de presentación, fagan entrega ao presidente da comisión de cinco exemplares do seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e documentos acreditativos dos méritos alegados, segundo modelo publicado na páxina web.

    3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros xerais da USC, situados no campus de Santiago de Compostela (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela) e no campus de Lugo (servizos centrais do campus de Lugo, campus universitario, 27002 Lugo) ou polos restantes procedementos previstos no artigo...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR