Decreto 63/2007, do 22 de marzo, polo que se acorda a aceptación da cesión, a título gratuíto, da propiedade dun inmoble titularidade do Concello do Porriño, sito na urbanización El Sol, rúa O Pinar.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA
Rango de LeyDecreto

Con data do 21 de agosto de 2006 o Pleno do Concello do Porriño acordou a cesión en propiedade, a título gratuíto, dunha parcela da súa titularidade situada na urbanización El Sol, na rúa O Pinar.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e dous de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión, a título gratuíto e nos termos establecidos no acordo de cesión, feita polo Concello do Porriño, do terreo que se describe como segue:

Planta baixa da fase B bloque II da Urbanización El Sol, no cuarteirón 4-C do plan parcial da alarga da vila do Porriño, actualmente rúa O Pinar, 7. Mide oitenta e nove metros con quince decímetros cadrados e está situada sensiblemente enriba do elemento tres. Linda ao sur con rúa de nova apertura; norte patio; leste elemento seis, e oeste portal dous e escaleira.

Parcela inscrita no Rexistro da Propiedade de Tui co número 25.577, no tomo 873, libro 165, folio 162.

Artigo 2º

O destino do inmoble será a posta en marcha dunha unidade terapéutica especializada en enfermidades de Alzheimer.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR