Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia foi pioneira no exercicio e na regulación da acuicultura mariña, erixíndose hoxe como un sector económico de primeira magnitude en constante expansión, tanto empresarial como en materia de investigación e desenvolvemento. Máis de tres mil bateas, gaiolas de cultivo ou as numerosas granxas mariñas que se instalan na orla do litoral galego constitúen un importante potencial xerador de emprego na economía litoral que se enmarca na máis xenuína tradición marítima galega que desde o século XIX destacou no cultivo de mariscos e que deu lugar a unha interesante normativa.

Os artigos 148.1.11 da Constitución e 27.15º do Estatuto de autonomía para Galicia, atribúen a nosa comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de acuicultura. En desenvolvemento desta competencia, a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, regula a acuicultura mariña, tanto a que se realiza na zona marítima, como a que se leva a cabo na zona marítimo-terrestre ou terrestre.

A Lei de pesca de Galicia atribúelle, no seu artigo 10, á Administración autonómica o outorgamento dos títulos administrativos habilitantes para o exercicio da actividade, incluso cando esta se desenvolva en terreos de dominio público estatal. Tal atribución foi declarada constitucional, sen infracción das competencias estatais, á luz do artigo 112 d) da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, polo Tribunal Constitucional na súa sentencia 9/2001, do 18 de xaneiro, ó indicar que o réxime xeral previsto na Lei de costas, que atribúe ó Estado a competencia para outorgar autorizacións e concesións para a ocupación do dominio público estatal, encontra a súa excepción na propia Lei de costas para os supostos de cultivos mariños, onde a intervención do Estado para autoriza-la ocupación do demanio prodúcese, non a través da concesión ou acto específico correspondente, senón mediante a emisión dun informe con carácter preceptivo e vinculante.

Á acuicultura mariña en zona terrestre refírese o artigo 66 da Lei de pesca de Galicia, que menciona dous posibles títulos habilitantes para a instalación de establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura en zona terrestre: o permiso de actividade, cando non se requira ocupar terreos de dominio público, e a concesión, cando a instalación si precise de tal ocupación; concesión que, trala sentencia do Tribunal Constitucional 9/2001 antes citada e segundo o artigo 10 a) da Lei de pesca de Galicia, debe ser cualificada de actividade, e na

que necesariamente debe integrarse o informe da Administración do Estado antes referido sobre a ocupación do dominio público.

Deste xeito, considérase necesario proceder á modificación da normativa contida no Decreto 193/1997, do 15 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, ata agora vixente. Así, neste novo decreto recóllese a doutrina constitucional antes sinalada, regulando a concesión de actividade como título administrativo habilitante para a instalación dos establecementos de acuicultura en zona terrestre que precisen da ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre, integrándose nela o contido do informe estatal sobre a ocupación do demanio. Prevese, tamén, que se transcorren tódolos prazos sinalados sen que emita o informe a Administración estatal, poida continuarse coa tramitación do procedemento, unha previsión que ten o seu acomodo no artigo 83.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Igualmente, prevense mecanismos de coordinación interadministrativa nos procedementos para a obtención do permiso de actividade, ou se é o caso, concesion de actividade, como é a tramitación da información pública cando a instalación de acuicultura estiver suxeita ó procedemento de avaliación de impacto ambiental ou de efectos ambientais, ou precisar da autorización de verteduras, na procura de que sexan máis áxiles no seu desenvolvemento; lentitude que ata agora se consideraba como a principal traba que lastraba a expansión dun sector, como o acuícola, de vital importancia no desenvolvemento económico da nosa comunidade autónoma, e que co presente decreto se pretende eliminar.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Do obxecto.

O obxecto do presente decreto é a regulamentación dos procedementos administrativos para o outorgamento, modificación, prórroga e transmisión dos títulos administrativos habilitantes para a realización de actividades de acuicultura mariña na zona terrestre.

Artigo 2º Dos títulos administrativos habilitantes.
  1. Os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura mariña na zona terrestre requirirán do permiso de actividade outorgado pola consellería competente en materia de acuicultura, sen prexuízo

    dos permisos, licencias e autorizacións que corresponda outorgar a outros organismos no exercicio das súas competencias.

  2. Cando para o desenvolvemento da actividade de acuicultura sexa preciso, ademais, ocupar terreos de dominio público marítimo-terrestre, de conformidade co establecido no artigo 112, punto d), da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, corresponderá a Administración do Estado emitir informe, con carácter preceptivo e vinculante, sobre tal ocupación, que se integrará na concesión de actividade que outorgará a consellería competente en materia de acuicultura.

Artigo 3º Duración do permiso e da concesión de actividade.
  1. O permiso de actividade outorgarase por un período máximo de 10 anos, prorrogables por períodos de igual duración.

  2. No caso de que o establecemento precise da ocupación de dominio público marítimo-terrestre, a concesión de actividade outorgarase por un período máximo de 10 anos, prorrogables por períodos de igual duración ata un máximo de 30 anos, no caso de que se demostre a rendabilidade e bo uso da explotación.

Artigo 4º Do órgano competente.

Enténdese por órgano competente para a tramitación dos procedementos regulados no presente decreto a consellería que teña as competencias en materia de acuicultura e, dentro desta, o órgano que teña atribuída no decreto de estructura orgánica a dita función.

Artigo 5º Da extinción.

O permiso e a concesión de actividade extinguiranse, ademais de polas causas previstas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, polas seguintes:

  1. A non remisión dos datos estatísticos ós que se refire o artigo 18 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, á consellería competente en materia de acuicultura, logo do incumprimento de dous requirimentos.

  2. O non aboamento dos cánones establecidos, cando o seu importe non poida facerse efectivo pola vía de constrinximento.

  3. O incumprimento dos obxectivos de rendabilidade previstos no proxecto de acuicultura, cando os mesmos foran...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR