Resolución do 11 de outubro de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan administrativamente as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Brull, promovido pola empresa Energía de Galicia, S.A. (Engasa) no concello de Melón, Ourense, recoñecéndoselle a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción regulado polo Real decreto 436/2004, do 12 de marzo.

SecciónVI. Anuncios
EmisorCONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Rango de LeyResolución

Visto o escrito presentado pola sociedade Energía de Galicia, S.A. (Engasa), con enderezo na rúa Lon-

dres nº 11-B, baixo, 15707 Santiago de Compostela, solicitando o arriba resolto, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 16 de xuño de 1993, e unha vez seguida a tramitación establecida no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, polo que se establece un procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos con potencia nominal superior a 5.000 kVA, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo de 1988, a Confederación Hidrográfica do Norte ditou resolución pola que se lle outorgaba á empresa Energía de Galicia, S.A. (Engasa) unha concesión para aproveitar 1.000 l/s de auga do río Brull con fins hidroeléctricos no termo municipal de Melón, Ourense, declarando, na mesma resolución, a utilidade pública das obras construtivas do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes sobre os bens e dereitos que correspondan.

Segundo.-O 24 de novembro de 1997, a entón Dirección Xeral de Industria resolveu incluír a denominada central hidroeléctrica de Brull, no río Brull, no réxime especial de instalacións produtoras de enerxía eléctrica regulamentado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre produción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, incluíndo como requisito necesario para a súa aplicación, que a empresa solicitase a autorización administrativa da central, presentando no prazo dun ano a documentación necesaria para tal fin.

Terceiro.-O aproveitamento hidroeléctrico do río Brull conta coa declaración de efectos ambientais do 20 de agosto de 2000, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, na cal se establecen as condicións que aseguran a minoración de posibles efectos ambientais negativos para a realización do proxecto de forma ambientalmente viable.

Cuarto.-O 14 de setembro de 2004, a empresa titular da concesión solicitou ante a Delegación Provincial de Ourense, e debido ao período de tempo transcorrido desde que se lle recoñecese ao aproveitamento hidroeléctrico a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica regulado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, xa citado, o recoñecemento da central como instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica regulado polo Real decreto 436/2004, do 12 de marzo, polo que se establece a metodoloxía para a actualización e sistematización do réxime xurídico e económico da actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, que é o actualmente en vigor e substitúe ao anterior Real decreto 2366/1994, do 9 de marzo, para os fins que se creou.

Quinto.-O 1 de febreiro de 2005, e despois dunha primeira solicitude do 19 de xullo de 2004 na cal

se indicaba a presentación do novo proxecto de instalacións electromecánicas do aproveitamento denominado...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR