DECRETO 134/2013, do 1 de agosto, polo que se procede á reorganización das entidades instrumentais adscritas á Consellería de Economía e Industria con competencias en materia de innovación e se modifica a estrutura orgánica da dita consellería.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
Rango de LeyDecreto

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia foi constituída o 1 de outubro de 1996 en escritura pública outorgada ante o notario, con residencia en Santiago de Compostela, José Antonio Montero Pardo, co número de protocolo 1699 de 1996, e declarada de interese galego polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 19 de decembro de 1996 (DOG nº 253, do 30 de decembro).

Son fins da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, entre outros de interese xeral, o fomento do desenvolvemento tecnolóxico e a investigación, e ten a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia segundo a modificación estatutaria aprobada polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de marzo de 2010.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), é unha axencia pública autonómica creada polo Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (DOG nº 19, do 27 de xaneiro) que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes, asumindo, entre outras, as competencias da extinta Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) é un centro integrado na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia que desenvolve funcións análogas ás que se atribúen ao Servizo de Metroloxía e Laboratorios oficiais e ao Laboratorio de Contrastación de Metais Preciosos no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 140, do 24 de xullo).

O I Plan de Avaliación de Entidades dependentes da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na sesión do 22 de abril de 2010, propón a refundición e reformulación da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, na cal xa se operou unha importante estruturación.

Tendo en conta a similitude de obxecto e fins entre a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e a Axencia Galega de Innovación, e entre o LOMG e o Servizo de Metroloxía e Laboratorios Oficias, procede autorizar a extinción da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, de tal maneira que asuma os seus medios persoais e materiais a Axencia Galega de Innovación, agás o LOMG, que será asumido pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Adóptanse tamén as disposicións que determinan o destino dos bens, dos dereitos e das obrigas dos ditos organismos, así como as medidas aplicables aos empregados do organismo que se suprime, no marco da...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR