Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Rango de LeyDecreto

O artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega o regulamento e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, téndose producido o traspaso das competencias en materia de ensino non universitario mediante o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, regula no seu capítulo III do título II a escolarización en centros públicos e privados concertados. A lei prescribe que as administracións educativas deberán regular a admisión do alumnado en centros públicos e privados concertados de tal forma que se garanta o dereito á educación, o acceso en condicións de igualdade e a liberdade de elección de centro por pais, nais e titores legais.

No artigo 84 da lei establécense os criterios prioritarios que se aplicarán na admisión do alumnado cando non existan prazas suficientes.

Así mesmo, a Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, regula a participación na programación xeral do ensino e dedica o seu título IV aos centros concertados, regulando que a admisión nestes centros se axustará ao réxime establecido para os centros públicos e definindo a infracción das normas sobre admisión de alumnado como unha das causas de incumprimento grave do concerto por parte do titular do centro.

A admisión de alumnado na Comunidade Autónoma de Galicia está regulada polo Decreto 87/1995, do 16 de marzo. É necesario substituír esta norma por outra que se adapte ao previsto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, a partir do curso académico 2007-2008, tal como prescribe a disposición transitoria décimo novena da propia lei, aproveitando para introducir algunhas modificacións en relación coa normativa anterior, xurdidas como consecuencia da experiencia acadada pola súa aplicación.

Establécese que os pais, nais ou titores legais autorizarán a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a acceder aos datos tributarios necesarios para a aplicación dos criterios de admisión e puntualízase que contra as resolucións do titular dos centros privados concertados se poderán presentar reclamacións perante o delegado ou delegada provincial da propia consellería.

No decreto regúlase a admisión nos ciclos formativos tanto de grao medio e superior con independencia do centro en que o alumnado estivese cursando os estudos previos, e reservando unha proporción de prazas para o alumnado que acceda a través de proba e outra para o alumnado con discapacidade.

En aplicación do artigo 87 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e coa finalidade de asegurar a calidade educativa para todos, a cohesión social e a igualdade de oportunidades, garántese unha adecuada e equilibrada escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, establecendo a proporción de alumnado destas características que debe ser escolarizado en cada un dos centros públicos e privados concertados garantindo os recursos persoais e económicos necesarios. Finalmente, garántese a escolarización do alumnado de incorporación tardía.

Polo demais, neste decreto tense en conta a integración activa da dimensión da igualdade entre mulleres e homes consonte o establecido na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para igualdade de mulleres e homes.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas polos artigos 28.1º e 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, previo informe do Consello Escolar de Galicia, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de marzo de dous mil sete,

DISPOÑO:

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.

Este decreto ten por obxecto a regulación dos criterios e o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 2º Principios xerais.
  1. Todo o alumnado ten dereito a unha praza escolar que lle garanta a educación obrigatoria e gratuíta. Teñen dereito, así mesmo, a un posto gratuíto no segundo ciclo da educación infantil.

  2. A consellería competente en materia de educación, mediante a programación xeral e a oferta anual de prazas escolares, garantirá o dereito do alumnado a unha praza escolar nas etapas e niveis obrigatorios e no segundo ciclo da educación infantil,

    especialmente nas zonas de nova poboación. Nesta programación terase en conta a oferta existente de centros públicos e privados concertados e, como garantía de calidade da educación, realizarase unha adecuada e equilibrada escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

  3. Os pais, nais ou titores legais dos alumnos ou alumnas e, se é o caso, estes cando sexan maiores de idade, teñen dereito a elixir centro docente de entre a oferta de centros sostidos con fondos públicos. Cando o número de postos escolares ofertados nun centro sostido con fondos públicos sexa inferior ao número de solicitantes, a admisión rexerase polo establecido neste decreto.

  4. Na admisión do alumnado integrarase activamente a dimensión da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e en ningún caso haberá discriminación na admisión do alumnado por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, nin poderá exixirse a formulación de declaracións que poidan afectar a súa intimidade, crenzas ou conviccións.

  5. Para garantir a posibilidade de escolarizar todo o alumnado sen discriminación por motivos socioeconómicos, en ningún caso poderán os centros públicos ou privados concertados percibir cantidades das familias por recibir as ensinanzas de carácter gratuíto, impoñer ás familias a obriga de facer achegas a fundacións ou asociacións nin establecer servizos obrigatorios, asociados ás ensinanzas, que requiran achega económica, por parte das familias do alumnado. No marco do disposto no artigo 51 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, quedan excluídas desta categoría as actividades extraescolares, as complementarias, e os servizos escolares, que, en todo caso, terán carácter voluntario e non discriminatorio. A consellería competente en materia de educación dotará os centros dos recursos necesarios para facer posible a gratuidade das ensinanzas de carácter gratuíto, de acordo co artigo 88 da Lei orgánica de educación.

  6. En aplicación do principio de colaboración e atendendo ao principio de reciprocidade, a consellería competente en materia de educación facilitaralle ao alumnado doutras comunidades autónomas o acceso a centros de zonas limítrofes, para cursar ensinanzas que non se lles oferten en centros próximos ou da súa comunidade autónoma.

Artigo 3º Información ao alumnado e aos pais, nais ou titores legais.
  1. Os centros docentes farán público o seu proxecto educativo e facilitaranlles ao alumnado e aos pais, nais ou titores legais canta información favoreza unha maior participación da comunidade educativa. Así mesmo, informaranlle dos recursos específicos ou especiais e dos servizos complementarios de que dispoñan.

  2. Os titulares dos centros privados concertados informarán, ademais, do seu carácter propio no caso de que o tivesen definido, de acordo co artigo 115 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. A matriculación do alumnado nun centro público ou privado concertado suporá respectar o seu proxecto educativo, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos ao alumnado e ás súas familias nas leis e no establecido no punto 3 do artigo 84 da Lei orgánica de educación. Así mesmo, informarán, se é o caso, do réxime de financiamento con fondos públicos das ensinanzas concertadas, así como das actividades...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR