Resolución do 7 de marzo de 2005 pola que se anuncia a convocatoria de catro prazas de persoal laboral fixo para esta empresa.

SecciónIV. Oposicións e Concursos
EmisorEMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS
Rango de LeyResolución

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de acordo co Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, co seu Regulamento de selección e contratación de persoal deste ente público, e coas facultades que teño conferidas polos estatutos citados; e logo do informe favorable emitido conxuntamente polas consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda,

RESOLVO:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

  1. Normas xerais.

    1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir catro (4) prazas de enxeñeiro de camiños, canais e portos da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

    Por non acadárense as porcentaxes mínimas exixidas, non se reserva ninguhna praza para ser cuberta por persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%.

    1.2. O procedemento de selección será o concurso-oposición, coas probas, exercicios, sistemas de cualificación, temario, baremo e relación de méritos que se especifican nestas bases.

    1.3. O primeiro exercicio da oposición realizarase transcorrido, como mínimo, un (1) mes desde a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta convocatoria, expoñéndose a data deste exercicio así como dos seguintes no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela, A Coruña), e no lugar da realización das probas.

    1.4. Os aspirantes aos que lle sexan adxudicadas as prazas serán contratados en réxime de laboral fixo e a resolución dos nomeamentos dos candidatos seleccionados como persoal laboral fixo na categoría convocada farase pública na sede do ente público.

    1.5. A formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos. Mentres non se formalice o contrato

    correspondente, os aspirantes non terán dereito ningún fronte á empresa.

  2. Requisitos mínimos de admisión dos candidatos.

    2.1. Para ser admitidos os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

    -Ser español ou nacional dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

    Tamén poderán participar o cónxuxe dos españois, dos nacionais dalgún dos demais estados membros da Unión Europea e dos nacionais dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito, así como os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte e un (21) anos ou maiores da dita edade que vivan ás súas expensas.

    -Ter cumpridos os dezaoito (18) anos de idade e non ter acadado a idade de xubilación.

    -Estar en posesión ou en condicións de obter o título oficial de enxeñeiro de camiños, canais e portos.

    No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión de documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

    -Posuír a capacidade funcional física e psíquica para o desempeño das tarefas e funcións correspondentes á vacante á que se opta, para o que presentará un certificado médico acreditativo se resulta seleccionado.

    -Non estar separado do servizo de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas.

    Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar igualmente non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

    2.3. Todos os requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento de incorporarse a ocupar a praza logo do asinamento do correspondente contrato.

  3. Coñecementos necesarios para cubrir os postos.

    O programa de temas que corresponde ás prazas convocadas e que rexerá no proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos contense no anexo I desta resolución.

  4. Solicitudes.

    4.1. Quen desexe tomar parte no concurso-oposición deberá presentar solicitude, en instancia

    axustada ao modelo que figura como anexo II desta resolución, xuntando ademais:

    -Fotocopia do DNI.

    Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ao seu cargo.

    -Xustificante emitido pola entidade bancaria que corresponda, de ter pagados os dereitos de exame no prazo establecido para a presentación de instancias, ou, de ser o caso, fotocopia cotexada da cualificación de minusvalidez ou fotocopia compulsada da documentación que acredite ser membro de familia numerosa, para os efectos da exención prevista nestas bases.

    -Documento xustificativo de estar en posesión do curso de perfeccionamento de galego ou estudos equivalentes, debidamente homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, para os efectos da exención prevista no cuarto exercicio.

    -Documentación acreditativa, se é o caso, dos méritos que se aleguen para a súa valoración, ben orixinal ou fotocopia cotexada. A experiencia acreditarase cun historial completo emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e mais certificado de empresa, copia cotexada de nóminas ou dos contratos de traballo.

    4.2. Rexeitaranse todas aquelas instancias que non acheguen os documentos acreditativos dos requisitos exixidos para o acceso ao concurso-oposición e mailo o aboamento dos dereitos de exame ou, se é o caso, xustificante de exención deles. Non se admitirán copias simples para acreditar méritos ou cumprir requisitos.

    4.3. O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, dirixidas ao presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, presentaranse no rexistro xeral do ente público (rúa Doutor Maceira nº 18, 15706-Santiago de Compostela, A Coruña) ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

    4.4. De conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orza

    mentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, como requisito previo para participar no proceso selectivo deberán aboarse previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de trinta e sete euros con corenta e cinco céntimos (37,45 A) e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, empregando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III.

    O impreso de autoliquidación de taxas poderá recollerse nos servizos centrais da Xunta de Galicia, en calquera delegación de todas as consellerías e nas dependencias da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

    -Consellería de Medio Ambiente; código: 15.

    -Delegación de servicios centrais; código: 13.

    -Servizo de Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos; código de servicio: 13.

    -Taxa: denominación inscrición na convocatoria para a selección de enxeñeiro de camiños, canais e portos da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos; código: 300300.

    4.5 A non presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que figure o selo da entidade bancaria, dentro do prazo de presentación de instancias, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación do xustificante de pagamento dos dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude.

    4.6. O importe satisfeito en concepto de dereitos de exame devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, aos aspirantes excluídos que o soliciten.

    4.7. A Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos reservarase para si a facultade de comprobar a veracidade dos documentos achegados polos aspirantes.

    4.8. O enderezo que figura nas instancias considerarase como o único válido para os efectos das notificacións, sendo responsabilidade do aspirante tanto un erro na súa consignación como a comunicación á Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos de calquera cambio nel.

    4.9. A presentación de solicitudes supón a aceptación incondicionada das bases reguladoras da convocatoria.

  5. Discapacidades.

    5.1. Para a realización da oposición a comisión de selección desta establecerá, para as persoas con minusvalía que o demandasen e acreditasen coa solicitude de admisión ao proceso selectivo, as adaptacións posibles de tempos e medios.

    5.2. Estarán exentos do pagamento das taxas por dereitos de exame os que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da minusvalía. Estarán tamén exentas as persoas que sexan membros de familias numerosas...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR