Decreto 52/2011, do 24 de marzo, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas turísticos na Comunidade Autónoma de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Rango de LeyDecreto

A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída, a través do establecido no artigo 27º.21 do Estatuto de Autonomía, a competencia exclusiva en materia de promoción e ordenación do turismo no seu ámbito territorial, de forma que posúe a potestade de regular o réxime propio dos apartamentos e vivendas turísticos.

A Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, define no seu título IV, artigo 35º, os apartamentos e vivendas turísticos, remitíndose ao seu posterior desenvolvemento regulamentario no referente ás modalidades e aos requisitos e condicións de funcionamento, instalacións e servizos.

Sobre a base desta competencia, cómpre, polo tanto, desenvolver a lei autonómica e regular a actividade dos apartamentos e vivendas turísticos en Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura e Turismo, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de marzo de dous mil once,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º Obxecto e ámbito de aplicación.
  1. O presente decreto ten por obxecto a ordenación, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, dos apartamentos e das vivendas turísticos como empresas de aloxamento turístico que se dedican, de maneira profesional, habitual e mediante contraprestación económica, a proporcionarlles hospedaxe de forma temporal ás persoas, con ou sen prestación doutros servizos.

  2. Quedan fóra do ámbito de aplicación deste decreto os inmobles que se arrenden por tempadas segundo o establecido na Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

Artigo 2º Normativa aplicable.
  1. Os apartamentos e vivendas turísticos someteranse ás prescricións da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, ao establecido neste decreto e á normativa sectorial que, se é o caso, lles sexa de aplicación.

  2. Así mesmo, os apartamentos e vivendas turísticos deberán cumprir as disposicións vixentes en materia de ambiente, edificación e urbanismo, instalación e funcionamento de maquinaria, sanidade, seguridade e hixiene, accesibilidade, prevención e extinción de incendios, abastecemento de augas, saneamento e depuración, seguridade alimenticia e protección de consumidores e usuarios, así como calquera outra disposición que os afecten.

Artigo 3º Concepto.
  1. Teñen a condición de apartamentos turísticos os bloques ou conxuntos de apartamentos, as casas, bungalows e outras edificacións semellantes, que oferten aloxamento turístico, profesional e habitualmente, mediante contraprestación económica.

    Os apartamentos turísticos estarán dotados do equipamento e mobiliario necesarios para a súa inmediata utilización, que se estenderá ao uso e desfrute dos servizos e instalacións.

  2. Enténdese por vivendas turísticas as unidades illadas de apartamentos, bungalows ou vivendas unifamiliares que, por motivos de vacacións ou turísticos, son obxecto de cesión de uso e goce na súa totalidade mediante contraprestación económica. O aloxamento comprenderá a unidade completa, e non se permitirá a cesión por cuartos nin a coincidencia dentro da vivenda de usuarios que formalicen distintos contratos. Prohíbese expresamente o aloxamento en vivendas particulares.

    Para obter a clasificación de vivenda turística, só se permitirá unha unidade de aloxamento no mesmo predio.

  3. No caso de que o establecemento estea situado en solo rústico, de conformidade co establecido na normativa urbanística e de protección do medio rural de Galicia, unicamente poderían ter a condición de apartamentos ou vivendas turísticos cando se trate de rehabilitación, reconstrución ou, de ser o caso, ampliación de edificacións legalmente existentes naquel.

Artigo 4º Clasificación.
  1. Os apartamentos turísticos clasificaranse nas categorías de tres, dúas e unha chaves.

    A fixación da categoría dos apartamentos turísticos farase atendendo ás condicións de calidade das súas instalacións e servizos, de conformidade cos requisitos establecidos no capítulo III deste decreto.

    No caso de non ser uniforme o nivel de calidade das distintas unidades de aloxamento, atenderase ás de menor nivel para a fixación da categoría do establecemento.

  2. As vivendas turísticas clasifícanse na categoría única de vivendas turísticas.

    Capítulo II

    Disposicións comúns a apartamentos e vivendas turísticos

Artigo 5º Carácter público.

Os apartamentos e as vivendas turísticos son establecementos abertos ao público, de libre acceso, nas condicións establecidas nas leis, regulamentos e prescricións específicas aplicables.

Artigo 6º Regulamento de réxime interior.
  1. Os establecementos de apartamentos e vivendas turísticos poderán dispoñer dun regulamento de réxime interior que estableza normas de obrigado cumprimento para os usuarios durante a súa estadía, sen que en ningún caso poidan supoñer discriminacións por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou outra circunstancia persoal ou social.

  2. O regulamento de réxime interior poderá determinar as condicións de admisión, as normas de convivencia e funcionamento, así como todo aquilo que permita e favoreza o desfrute normal das instalacións, equipamentos e servizos, sen que poida contravir o disposto na lexislación vixente.

  3. O regulamento de réxime interior estará á disposición dos usuarios nun lugar visible do establecemento.

Artigo 7º Requisitos mínimos.
  1. Os apartamentos e vivendas turísticos deberán contar, como mínimo, coas seguintes dependencias: dormitorio, sala de estar-comedor, cociña e cuarto de baño ou aseo, agás os apartamentos turísticos tipo estudo, en que o dormitorio está integrado no salón-comedor e en que a cociña poderá formar unha peza única xunto co salón-comedor-dormitorio.

  2. A unidade aloxativa deberase entregar ao usuario en perfectas condicións para o seu uso. As instalacións, mobiliario, elementos decorativos, aparellos e enxoval serán, en todo momento, de calidade acorde coa categoría do establecemento e manteranse nas debidas condicións de conservación e limpeza.

  3. Os establecementos deberán dispor de auga potable de consumo humano así como de tratamento e evacuación de augas residuais, nos termos establecidos na correspondente normativa sectorial.

  4. Así mesmo, deberán cumprir coas seguintes exixencias:

  1. A altura mínima de todas as dependencias será de 2,5 m, salvo que a normativa de edificación que lles sexa de aplicación xustifique outra distinta. Nos cuartos abufardados esta altura requirirase, como mínimo, no 60% da superficie mínima esixida para a categoría.

  2. Os dormitorios, o salón-comedor e a cociña deberán dispoñer, en todo caso, de ventilación directa ao exterior. Os cuartos de baño poderán ter ventilación directa ou forzada.

  3. Os dormitorios terán un mobiliario mínimo integrado por camas individuais (cunha largura mínima de 0,90 m), e dobres (cunha largura mínima de 1,35 m), armario roupeiro (encaixado ou non), con perchas suficientes, e puntos de luz con interruptor ao lado da cama. Deben dispoñer de lenzaría de cama para realizar os cambios cando resulte preciso. Contarán, igualmente, cun sistema efectivo de escurecemento que impida totalmente a entrada de luz por vontade do cliente.

  4. O salón-comedor terá unhas dimensións adaptadas á capacidade máxima do establecemento, a razón dun metro cadrado por praza, sendo a mínima exixida oito metros cadrados en vivendas turísticas e entre dez e dezaseis metros cadrados segundo a categoría en apartamentos turísticos. Estarán dotados de mobiliario idóneo e...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR