Decreto 100/2008, do 17 de abril, polo que se aproba o convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., para a execución de ramais de enlace na autoestrada do Val Miñor (AG-57), a súa integración na concesión administrativa e a súa modificación.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Rango de LeyDecreto

Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., é a titular da concesión administrativa da Xunta de Galicia para a construción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-O Val Miñor, consonte o Decreto 23/1995, do 20 de xaneiro, polo que se lle adxudicou a concesión á entidade que posteriormente constituíu a mencionada sociedade.

A autoestrada do Val Miñor (AG-57) atópase en servizo desde maio de 1999, e ao longo destes anos de explotación constatáronse importantes limitacións na súa accesibilidade provocadas polo incremento de movementos cara á costa.

Así mesmo, a elevada estacionalidade que caracteriza o tráfico nesta zona, xerou unha crecente demanda social nos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, tratando de sacarlle maior proveito á utilización desta infraestrutura.

Todo isto deu lugar á consideración de que a conformación inicial dos enlaces de acceso á autoestrada AG-57 resultan insuficientes para a prestación do servizo aos municipios do sur da comarca de Vigo como consecuencia do seu desenvolvemento.

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, como concedente da concesión para a construción, conservación e explotación das autoestradas AG-55 e AG-57 concluíu que, para dar solución a estes problemas, é preciso executar actuacións para mellorar o servizo público en todo o corredor Vigo-Baiona, completando os movementos dos enlaces de Sabarís, Nigrán e A Ramallosa, e construír un novo enlace que facilite o acceso ao polígono industrial de Porto do Molle.

Este decreto apróbase ao amparo do artigo 25 da Lei 8/1972, do 10 de maio, de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión, e contou coa audiencia e conformidade da sociedade concesionaria.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, co informe da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de abril de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º Aprobación do convenio.

Apróbase o convenio, que se recolle no anexo, sobre a execución de ramais de enlace de Nigrán, A Ramallosa, Sabarís, na autoestrada do Val Miñor (AG-57).

Artigo 2º Réxime xurídico da concesión.

O réxime xurídico da concesión da que é titular Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., será o vixente (constituído fundamentalmente: polo establecido no correspondente contrato da concesión; pola normativa de aplicación ás autoestradas de peaxe-Lei 8/1972, do 10 de maio; Decreto 215/1973, do 25 de xaneiro, e disposicións ditadas no seu desenvolvemento; pola Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia; e, supletoriamente, polo texto refundido da LCAP, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, e demais normas complementarias) coas modificacións que se recollen no convenio que se aproba, e que se incorpora como anexo.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas

e Transportes

Convenio entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., para a execución de ramais de enlace na autoestrada do Val Miñor (AG-57), a súa integración na concesión administrativa e a súa modificación

Santiago de Compostela, .... de... de dous mil oito.

Reunidos dunha parte, María José Caride Estévez, conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, facultada para a formalización deste acordo pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia.

Doutra parte, Luis Fernando del Rivero Asensio, en nome e representación de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A.

As partes recoñécense, na calidade en que interveñen, con capacidade legal necesaria e

Expoñen:

  1. A autoestrada do Val Miñor (AG-57) é unha infraestrutura viaria que desempeña un relevante papel vertebrador para os municipios do sur da área de influencia de Vigo, favorecendo as interrelacións sociais e económicas entre os concellos de Vigo, Gondomar, Nigrán e Baiona.

  2. A Xunta de Galicia, mediante Decreto 23/1995, do 20 de xaneiro, adxudicou a concesión administrativa de construción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-O Val Miñor á Empresa Nacional de Autopistas, S.A., formalizándose o contrato concesional ante o notario Domingo Enrique Gutiérrez Aller, o día 11 de setembro de 1995, baixo o número 1.261 do seu protocolo, a favor da entidade mercantil Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A. (en diante Autoestradas de Galicia) constituída para o efecto pola sociedade adxudicataria.

  3. Esta autoestrada atópase en servizo desde maio de 1999 e ao longo destes anos de explotación constátase que na AG-57:

    1. Os movementos en dirección cara á costa foron intensificándose, e na actualidade atopan certas limitacións na súa accesibilidade. Estas limitacións acentúanse de xeito importante nos meses de verán.

    2. A elevada estacionalidade que caracteriza o tráfico nesta zona xerou unha crecente demanda social nos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona tratando de sacarlle maior proveito á utilización desta infraestrutura.

    O que deu lugar á consideración de que a conformación inicial dos enlaces de acceso á autoestrada AG-57 resultaban insuficientes para a prestación do servizo aos municipios do sur da comarca de Vigo, como consecuencia do desenvolvemento en canto á poboación e ao tráfico experimentado pola zona.

  4. A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (en diante CPTOPT), como entidade concedente da concesión para a construción e explotación das autoestradas AG-55 e AG-57, elaborou diversos estudos para analizar esta problemática e formular as posibles alternativas co obxecto de mellorar a funcionalidade da autoestrada do Val Miñor. Tras os estudos de tráfico, trazado e económicos realizados concluíuse que, para dar solución a este problema, é preciso executar actuacións para mellorar o servizo público en todo o corredor Vigo-Baiona, completando os movementos dos enlaces de Sabarís, Nigrán e A Ramallosa, e construíndo un novo enlace que facilite o acceso ao polígono industrial de Porto do Molle desenvolvido pola zona franca de Vigo.

  5. O mecanismo máis axeitado para materializar a ampliación da autoestrada é o previsto no artigo 25 da Lei 8/1972, do 10 de maio, de construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión, e na cláusula 103 do Decreto 215/1973, do 25 de xaneiro, polo que se aprobou o prego de cláusulas xerais para a construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión. Deste modo, dada a conveniencia da ampliación da autoestrada, a Administración pode chegar a un convenio co concesionario a que se establezan as condicións particulares as que debe suxeitarse a realización das obras e a súa repercusión para manter o equilibrio económico-financeiro da concesión, deixando inalteradas as normas que rexeron para a adxudicación en todos aqueles extremos que non sexan obxecto de modificación.

  6. Por outra banda, mediante resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 22 de marzo de 2003, a Administración autonómica manifestou a súa intención de promover os cambios normativos ou contractuais precisos para que a actualización anual de tarifas de peaxe resultase de aplicación o día 1 de xaneiro de cada exercicio. Neste sentido, a Xunta de Galicia considera procedente regularizar nestes momentos, a situación contractual das peaxes da concesión mediante a modificación dos termos do contrato polo acordo coa sociedade concesionaria ao amparo do principio de autonomía da vontade do artigo 4 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (TRLCAP). Este cambio non constitúe en todo caso unha modificación substancial do contrato de concesión que afecte os termos de adxudicación do concurso.

  7. A CPTOPV, os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, e a sociedade concesionaria, asinaron un acordo o 17 de xuño de 2005 co obxecto de regular a ampliación da concesión. Non...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR