Decreto 85/2004, do 23 de abril, polo que se aproba a revisión dos plans de emerxencia exterior dos polígonos da Grela-Bens e Os Praceres-Lourizán.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL
Rango de LeyDecreto

O Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, establece no seu artigo 11 que as comunidades autónomas elaborarán os plans de emerxencia exterior das industrias afectadas polo artigo 9 do real decreto.

O Decreto 277/2000, do 9 de novembro, polo que se designan os órganos autonómicos competentes en materia de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, establece que é a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a través da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil o órgano responsable da elaboración do plan de emerxencia exterior.

O Real decreto 407/1992, do 24 de abril, polo que se aproba a norma básica de protección civil, indica que os plans que teñan como obxecto os riscos químicos terán a consideración de plans especiais

O Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia, establece que os plans especiais que teñan un ámbito territorial de aplicación que non exceda da Comunidade Autónoma de Galicia serán aprobados polo Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro competente en materia de protección civil, logo do informe da Comisión Galega de Protección Civil.

O Plan de Emerxencia Exterior do polígono da Grela-Bens foi aprobado por orde do conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 1 de xuño de 1995 e o Plan de Emerxencia do polígono dos Praceres-Lourizán foi aprobado por orde con conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 15 de decembro de 1995.

Vista a certificación do secretario da Comisión Galega de Protección Civil en que se indica que na reunión da comisión do 5 de novembro de 2003 se emitiu informe favorable sobre a revisión dos anteditos plans.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de abril de dous...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR