Decreto 125/2005, do 6 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade de treitos sobrantes das estradas PO-404 A Ponte Nova-Guillarei e PO-413 Guillarei-Guillarei a prol do Concello de Tui.

SecciónIII. Outras Disposicións
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

O 26 de febreiro de 2004 o Concello de Tui aprobou a solicitude de cambio de titularidade de dous treitos da antiga estrada PO-404. O obxectivo do concello é convertelos en vías urbanas.

En novembro de 2004 a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda informou positivamente considerando adecuado o cambio de titularidade do treito da PO-404 A Ponte Nova-Guillarei, ampliando a proposta á PO-413 Guillarei-Guillarei, susceptible de cesión ao concello por estar incluída no anexo II do Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, facendo referencia a aquelas susceptibles de ser transferidas por non dar continuidade a itinerarios ou ser treitos antigos de estradas en que se fixeron variantes de trazado. Finalmente a proposta foi aceptada polo concello.

O artigo 54 da Lei 4/1997, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, establece que as estradas autonómicas ou provinciais ou os treitos determinados delas en que a circulación adquira características urbanas se entregarán aos concellos respectivos.

Nos treitos antigos da PO-404 na Ponte Nova-Guillarei e a PO-413 Guillarei-Guillarei, previsto transferir, concorren as seguintes características: son treitos dunha estrada da cal se construíu unha variante de trazado. Neles concorren elementos que denotan o

seu carácter urbano no tocante ao tráfico que discorre pola zona, así como a súa clasificación como solo urbano ou asimilado (solo de núcleo rural) e a existencia dunha alternativa viaria clara: a autovía O Porriño-fronteira portuguesa e a estrada PO-404.

Conforme o sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, tras o acordo entre as administracións afectadas, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación da Xunta de Galicia na reunión do día seis de maio de dous mil cinco,

DISPÓN:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade a favor do Concello de Tui dos treitos sobrantes das estradas PO-404 A Ponte Nova-Guillarei (p.k. 0+050 a 0+330) e PO-413 Guillarei-Guillarei, sita no termo municipal de Tui.

Artigo 2º

As estradas incorporaranse á...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR