Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia.

SecciónI. Disposicións Xerais
EmisorCONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA
Rango de LeyDecreto

Tal e como ten declarado o Tribunal Constitucional, a expropiación forzosa, ademais de ser un instrumento positivo posto ao dispor do poder público para o cumprimento dos seus fins de ordenación e conformación a imperativos crecentes de xustiza social, constitúe ao tempo unha garantía constitucional do dereito de propiedade privada na medida en que con ela se asegura unha xusta compensación económica a quen, por razóns de utilidade pública ou interese social, se priva dos seus bens ou dereitos de contido patrimonial.

A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, preveu, no seu artigo 232, a creación do Xurado de Expropiación de Galicia, como órgano colexiado permanente da nosa comunidade autónoma especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial. Recentemente, a Lei 15/2004, do 29 de decembro, modificou, entre outros, o artigo 232 da Lei 9/2002, no cal agora se dispón cal é a composición do Xurado de Expropiación.

Esta regulación inscríbese na competencia que ten a nosa comunidade autónoma para crear, en virtude da súa potestade de autoorganización, órganos administrativos propios e, neste caso, con semellantes funcións que as dos xurados provinciais de expropiación forzosa, os cales substituirá nos supostos antes expresados.

Coa creación do xurado preténdese dotar a nosa comunidade autónoma dun órgano que, ademais de supoñer un importante paso cara ao peche do proceso de creación das institucións de autogoberno, unifique os criterios existentes e actuando de acordo cos principios de equidade e celeridade, acade unha maior eficacia en beneficio dos cidadáns.

O obxecto do presente decreto é o desenvolvemento do previsto naquel precepto legal, co fin de regular a súa composición, funcionamento e procedemento de adopción de acordos do xurado.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de acordo co dictame do Consello Consultivo de Galicia, e logo da deliberación

do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de xuño de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único Aprobar o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, que figura como anexo a este decreto.

Disposición adicional

O Xurado de Expropiación de Galicia asumirá a súa competencia a partir da súa constitución, que terá lugar, en todo caso, no prazo de dous meses contados desde a publicación do presente regulamento.

Disposición transitoria

As pezas de prezo xusto orixinadas por expropiacións que entrasen nos xurados provinciais de expropiación forzosa, nos cales a administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial, e estean pendentes de resolución na data de constitución do Xurado de Expropiación de Galicia continuarán a súa tramitación ata a súa resolución final nos xurados provinciais de expropiación forzosa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Segunda.-O regulamento que se aproba polo presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de xuño de dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Regulamento de organización e funcionamento do

Xurado de Expropiación de Galicia

Capítulo I

Natureza e funcións

Artigo 1º Natureza do xurado.
  1. O Xurado de Expropiación de Galicia é o órgano colexiado permanente da Comunidade Autónoma de Galicia especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial.

  2. O Xurado de Expropiación de Galicia actúa no...

Para continuar leyendo

Solicita tu prueba

VLEX utiliza cookies de inicio de sesión para aportarte una mejor experiencia de navegación. Si haces click en 'Aceptar' o continúas navegando por esta web consideramos que aceptas nuestra política de cookies. ACEPTAR